Benestar Social axuda á integración de nenos e mozos con síndrome de Down
O Concello e a Asociación para a Síndrome de Down traballarán conxuntamente para desenvolveren o programa de autonomía persoal "Me muevo". Con esta iniciativa, á que a Concellería de Benestar Social destina 6.000 euros este ano, quérese facilitar a integración social de nenos e mozos con síndrome de Down.
A concelleira de Benestar Social asinou hoxe mércores un convenio de colaboración coa Asociación para a Síndrome de Down de Pontevedra para o desenvolvemento conxunto do programa de autonomía persoal "Me muevo".
O obxectivo deste convenio, que se asina por sexto ano consecutivo, é establecer un marco de colaboración para a realización de actividades que faciliten a integración social de nenos desde os 8 anos e mozos ata a idade adulta con síndrome de Down e discapacidade intelectual, a través dun programa de autonomía persoal, habilidades sociais e coñecemento do contorno.
Así, o Concello e a Asociación para a Síndrome de Down queren conseguir que estes nenos e mozos desenvolvan a máxima autonomía na súa vida cotiá, e que poidan realizar as súas actividades de ocio da mesma forma que o veñen facendo os nenos e mozos sen discapacidade. Deste xeito, preténdese reforzar o seu proceso de aprendizaxe intelectual e persoal, así como concienciar a sociedade das posibilidades destas persoas.
Outra das finalidades do convenio asinado hoxe é o desenvolvemento das habilidades necesarias para adquirir unha autonomía urbana, logrando unha capacitación completa que lles permita a estes nenos e mozos desenvolver unha vida social e laboral digna, adquirindo progresivamente seguridade e confianza en si mesmos.
O convenio, con vixencia ata o 31 de decembro de 2005, ten un custo de 6.000 euros, 3.000 máis que o ano pasado.
Durante o ano pasado participaron no programa "Me muevo" 36 persoas de idades comprendidas entre os oito e os 36 anos. O programa divídese en tres bloques: "Me muevo en mi ciudad", "Me muevo en mi tiempo libre" e "Me muevo en la sociedad". A metodoloxía empregada é activa, dinámica e participativa, e céntrase, sobre todo, en actividades prácticas.
Para o desenvolvemento do programa, a Asociación para a Síndrome de Down conta cunha diplomada en Maxisterio como responsable e coordinadora. Colaboraron en prácticas alumnas de Educación Social, Educación Especial, Psicoloxía e alumnas integradas no módulo formativo de Integración Social.
Descargar todas as imaxes