Lois Cea é o novo responsable do Verbum-Casa das Palabras
O Verbum-Casa das Palabras inicia unha nova etapa con Lois Cea como responsable. Lois Cea, que xa se encargou de pór en marcha o Arquivo Pacheco, ten como obxectivos revitalizar o museo converténdoo en lugar de encontro e potenciando as súas actividades formativas.
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe xoves a nova etapa do Verbum-Casa das Artes, na que Lois Cea será o responsable do museo. Ignacio López-Chaves dixo que Lois Cea "é o máis indicado para revitalizar o Verbum". Este é precisamente un dos piares nos que se apoia a intención do goberno municipal de mellorar a oferta museística da cidade, xunto coa potenciación do Museo de Castrelos e a posta en marcha do Arquivo Pacheco. O concelleiro afirmou desexar que o Verbum se convirta nun "marco de encontro, actividade e expresión".
Lois Cea, pola súa banda, asegurou que "me gustan os retos". Para o novo responsable do museo, "as posibilidades do Verbum están aínda por definir; hai moitas entidades e persoas con ideas moi boas e no Verbum poden atopar un lugar de encontro e exposición".
Lois Cea cre que o Verbum-Casa das Palabras pode acoller propostas provenientes doutras culturas. "É o momento apropiado", dixo, "para que a palabra que vén de fóra poida mostrarse". Ademais, Lois Cea dixo que sería interesante darlle espazo no museo ao mundo da publicidade e a actividades relacionadas coa linguaxe de signos e a comunicación non verbal.
O Verbum foi inaugurado en abril de 2003 e conta cun deseño organizado en 29 cubos, que conteñen un total de 81 módulos (unidades informativas) nos que se desenvolven as diferentes temáticas das que trata o museo.
O edificio foi proxectado polo arquitecto galego César Portela e executado pola constructora Necso. Cun orzamento de 9.349.728 euros, foi cofinanciado ó 70 por cento pola Unión Europea, con cargo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder. O inmoble estructúrase en catro andares (semisoto, planta baixa, planta superior e cuberta) unificadas por unha caixa de luz que as atravesa e as relaciona na que se estructuran as comunicacións verticais (escaleiras e elevadores).
A superficie total construída é de máis de 5.000 m2, ubicados nunha parcela de máis de 13.000 fronte á praia de Samil, zona de lecer da cidade de Vigo que dispón dun amplo paseo marítimo ademais de zonas verdes, instalacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostelería e aparcamentos. Á parte dos elementos expositivos, o inmoble conta con servicios adicionais como son consigna, cafetería, tenda, sala de exposicións temporais e salón de actos.
Descargar todas as imaxes