A II Regata Rías Baixas de Catamaráns dobrará a participación da primeira
Os organizadores pretenden converter a regata Rías Baixas nun referente do sur de Europa na modalidade. A cita terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo entre a ría de Vigo e Baiona.
A concelleira Lucía Molares xunto co presidente da Federación Galega de Vela, José Ángel Rodríguez; o vicepresidente do Club Náutico de Panxón, Tato Garrido e o director do Club de Vela da praia do Vao, Tono Teixeiro, presentaron en rolda de prensa a II Regata Internacional Rías Baixas de Catamaráns, que está patrocinada por Turismo de Vigo e Caixanova e organizada polo Club Náutico de Panxón.
O Raid Rías Baixas de Catamaráns dispútase en augas da ría de Vigo os días 1, 2 e 3 de xullo, tres xornadas nas que se recorrerá todo o interior da ría finalizando en Baiona. O primeiro día ten como punto de saída a praia do Vao, trazando un percorrido ata a praia da Punta en Redondela e retorno a Vigo. A segunda xornada parte de novo dende a estación náutica do Vao cara ao interior da ría, toma rumbo ás illas Cíes e diríxese cara a Baiona. O terceiro día está destinado a probas técnicas e realizaranse varios barlovento-sotavento ao abrigo da baía de Baiona, disputándose as mangas á altura de praia América, no Concello de Nigrán. Cada unha destas tres xornadas forma unha competición aparte, habendo entrega de trofeos ao final do día.
A participación prevista este ano é de máis de 100 regatistas e uns 60 barcos na auga, dobrando os 27 acadados na primeira edición da regata. Os barcos chegarán de diferentes puntos da península e Portugal xa que a proba pretende converterse nun referente da modalidade do sur europeo. Con este fin foi presentada a regata en diferentes salóns náuticos como o de París e Düsseldorf, segundo comentou Tono Teixeiro.
Ademais de Turismo de Vigo e Caixanova, colaboran na organización da regata o Corte Inglés e Coca-Cola, os concellos de Vilaboa, Redondela, Nigrán, Baiona e Cangas do Morrazo, ademais de Frutas Nieves e a Federación Galega de Vela.
Descargar todas as imaxes