xoves, 12 xuñ 2003
Os actos organizados en conmemoración do centenario de Alexandre Bóveda destinados a enxalzar a vinculación do galeguista coa cidade celebraranse na segunda quincena de xuño. A concelleira en funcións Carme Corbalán presentou as actividades que sacarán á luz aspectos descoñecidos do labor de Bóveda.
venres, 6 xuñ 2003
O club Montañeiros Celtas organiza no parque de Castrelos actividades<br />
para achegar a xente miúda á montaña dentro do programa de dinamización do uso do idioma galego entre os máis pequenos promovido pola Concellería de Normalización lingüística. A cita será o sábado 7 de xuño ás 12:00 horas.
xoves, 5 xuñ 2003
A Concellería de Normalización Lingüística organiza actividades infantís dentro do programa ¿Xogas? en galego podemos o venres 6 de xuño ás 18:30 na praza da Independencia co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega entre os máis pequenos nun ambiente de lecer.
venres, 30 mai 2003
A Concellería de Normalización Lingüística organiza dous actos con actividades infantís dentro do programa ¿Xogas? en galego podemos o domingo 1 de xuño ás 12:00 no adro da igrexa de Bouzas e no Calvario co fin de fomentar o uso da lingua galega entre os máis pequenos.
xoves, 29 mai 2003
O programa ¿Xogas? en galego podemos leva actividades de dinamización lingüística o venres 30 de maio ás 18:30 á Ludoteca de Lavadores para que os cativos de 4 a 10 anos disfruten dun ambiente de lecer no que poidan expresarse en galego.
venres, 23 mai 2003
Os concelleiros Carmen Corbalán e Amador Fernández asinaron un convenio cos representantes da Federación de asociacións de veciños "Eduardo Chao" para a realización de actividades de compilación de toponimia e patrimonio oral. O orzamento previsto é de 8.045 euros.
venres, 23 mai 2003
A Concellería de Normalización Lingüística prosegue o programa de dinamización destinado a nenos de 4 a 10 anos que celebra o sábado 24 de maio unha xornada de xogos tradicionais ás 12:00 no parque da Bouza (Coia) e ás 18:30 na praza da Independencia con xogos e un obradoiro de pintura.
xoves, 22 mai 2003
Os nenos poderán participar nas actividades de ¿Xogas? en galego podemos o venres 23 de maio ás 18:30 na Casa da Xuventude de López Mora co grupo Touporroutou e na Ludoteca de Coruxo con Cabezolos.
xoves, 22 mai 2003
O pleno municipal xuvenil no que participou alumnado de centros de secundaria de Vigo acordou adoptar medidas de promoción da lingua galega entre a xuventude e cualificou de sobresaliente a iniciativa de "Noites Vivas".
mércores, 21 mai 2003
A "Obertura da frauta encantada", de Mozart, e "O carnaval dos animais", de Saint-Säens, constitúen o programa do concerto didáctico que a Escola municipal de música ofrecerá dentro de ¿Xogas?, en galego podemos o xoves 22 de maio ás 18:30 na Ludoteca de Lavadores.