Vigo celebra o día de Rosalía con poemas e paseos virtuais

mércores, 24 feb 2021

Vigo conmemora este 24 de febreiro o nacemento de Rosalía de Castro con recitado dos seus poemas en distintas linguas -coa colaboración de profesorado e alumnado de colexios e da Universidade-, coa proxección dos seus textos nos autobuses urbanos e cun paseo literario virtual polo Vigo da autora. “Sempre que se trate de Rosalía, Vigo vai estar presente”, manifestou Abel Caballero.

O alcalde saúda ao alumnado participante no Correlingua 2019

martes, 14 mai 2019

Centos de escolares vigueses e de centros educativos da comarca concentráronse este martes na Praza do Rei, punto de partida do Correlingua 2019, para saír a pasear polas rúas da cidade baixo o lema "O galego é a fórmula". Abel Caballero saudou ao alumnado e profesorado participante na actividade e animounos a vivir e a gozar en galego nesta xornada e cada día.

Curso de árbores e plantas

luns, 14 xan 2019

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza un curso de árbores e plantas que será guiado por Marcelo Rodriguez (Faia Educación Ambiental) e Xabier Xil.Neste curso nos achegaremos ás plantas, ás árbores, aos seus usos tradicionais, nomenclaturas, toponimia... A inscrición é de balde a través da web snl.vigo.org