Programa "Vigo arrólate"
mércores, 24 out 2018O domingo iniciase o programa Vigo Arrólate; espectáculo destinado a xente miúda de entre 0 a 3 anos, con Cé Orquestra Pantasma e os FÍOS DO QUERER. Será no Verbum ás 12 horas
O domingo iniciase o programa Vigo Arrólate; espectáculo destinado a xente miúda de entre 0 a 3 anos, con Cé Orquestra Pantasma e os FÍOS DO QUERER. Será no Verbum ás 12 horas
No mes de outubro comezan novos cursos do CIOV cun amplo abano de opcións formativas que xiran todas elas ao redor da verba e mais do patrimonio oral. Dende obradoiros de treatro e poesía, a cursos para sermos regueifeiras e contadoras de historias.<br />
Abel Caballero visitou este venres a praia de Argazada, xunto a Samil, onde o goberno vigués promove en xullo e agosto o programa "Libros ao sol". O alcalde subliñou o éxito dunha iniciativa coa que se procura fomentar a literatura galega e a lectura en galego.
Un ano máis achegámonos á noite meiga, á noite de SAN XOÁN!: cacharelas, sardiñas, auga, herbas, cacho...E un ano máis o Concello de Vigo realiza diferentes actividades para dar a coñecer, pór en valor, e transmitir esta tradición que vén dende hai ben de anos.
O Concello organiza o vindeiro 12 de maio, sábado, un paseo polo Vigo da arte e da literatura das Irmandades da Fala, guiado polo filólogo e historiador, Xurxo Martínez González.<br />
Este é o novo percorrido literario que realizarase vindeiro 24 de marzo, sábado, con saída dende "Detrás do Marco" ás 11.00 h.O percorrido será guiado pola autora da novela, Clara do Roxo, e permitirá que nos acheguemos a esta zona da nosa cidade, ao seu desenvolvemento e actualidade, a través das aventuras do mozo que protagoniza a historia.
Caballero deu conta este venres da organización de tres paseos literarios seguindo as obras da colección "Historias para coñecermos Vigo". Nesta ocasión, as zonas que se van percorrer son o Ensanche, Lavadores e Teis.
O sábado día 24 terá lugar un percorrido guiado polo Casco Vello de Vigo no que se repasará a traxectoria de Rosalía de Castro dende unha visión histórica e xeográfica. O percorrido comezará na Oliveira do Paseo del Alfonso XII ás 11,00 horas e non cómpre inscrición previa.
O Concello de Vigo organiza este curso onde se afondará no coñecemento da lingua galega a través do patrimonio que atesouran os nosos ríos e regatos: léxico, fraseoloxía, mitos, lendas...Ademais, sairase a coñecer os muíños de Vigo e un bosque de ribeira.
O Concello organiza este curso dirixido a persoas que apenas teñen coñecementos da lingua galega. A formación, de balde, desenvolverase entre os meses de febreiro e abril, os luns e mércores de 18,30 a 21,00 h, no Centro Local do Emprego e das Ocupacións, na rúa O Porto.