Escoitar

O Concello divulga a lectura e literatura en galego cun sistema de préstamo de libros na praia

Abel Caballero visitou este venres a praia de Argazada, xunto a Samil, onde o goberno vigués promove en xullo e agosto o programa "Libros ao sol". O alcalde subliñou o éxito dunha iniciativa coa que se procura fomentar a literatura galega e a lectura en galego.

venres, 24 ago 2018
1535116008libros.JPG
Segundo datos ofrecidos este venres por Caballero, o sistema emprestou 830 libros desde xullo ata o día de onte, con máis de medio millar de usuarios distintos. "Libros ao sol" continuará funcionando ata o 31 de agosto.

A iniciativa promovida polo Concello de Vigo procura divulgar a literatura galega e fomentar o seu coñecemento e lectura, subliñou o rexedor. O punto de préstamo está emprazado en Argazada, xunto a Samil, e opera en horario de mañá e tarde.
Descargar todas as imaxes