O Concello atendeu a 116 familias mediante o programa de reparto de alimentos
Abel Caballero informou este mércores sobre os convenios para o reparto de alimentos a persoas desfavorecidas na cidade. Grazas ao acordo cos Hermanos Misioneros foron repartidos 1.450 lotes de comida.
O alcalde de Vigo sinalou este mércores sobre o programa de reparto de alimentos que leva a cabo o Concello a través de diferentes asociacións benéficas da cidade. Así, Cablalero informou de que grazas ao acordo cos Hermanos Misioneros de Teis repartíronse 1.450 lotes de comida a 116 familias viguesas no ano 2017.
O Concello ten ademais convenios con outras catro entidades (Vida Digna, Banco de Alimentos, AFAN y Casa de Caridad) para paliar situacións de necesidade. "O obxectivo é reforzar os recursos de atención inmediata relacionados coa alimentación básica das persoas e familias mediante comedores sociais e programas de alimentos", sinalou Abel Caballero.
O acordo cos Hermanos Misioneros ascendeu a 57.000 euros e serviu para atender a 116 familias. Coa asociación Vida Digna firmouse un convenio por 45.000 euros e recibiron asistencia 1.388 persoas, mentres que con AFAN o acordo foi de 55.000 euros e atenderon a 2.720 persoas. Ademais, a través de Banco de Alimentos (43.000 euros) repartíronse alimentos a través de 200 asociacións e mediante a Casa de Caridade (23.000 euros) chegouse a outras 1.904 persoas.
"Estamos de forma permanente, en verán e inverno, na atención ás familias con dificultades", destacou o rexedor. Tamén sinalou Caballero que existen axudas a través de Xantar na Casa (orzamento de 70.000 euros), Axuda no Fogar (4,5 millóns), cheques sociais (2,1 millóns), albergue (800.000 euros), becas de comedor (2,5 millóns), Cedro (1,5 millóns) e Teleasistencia.
"O nivel de acción social e extraordinaria e está por riba dos 8 millóns de euros, todos os programas, excepto becas de comedor, están activos en verán e adicionalmente nos vindeiros orzamentos recibiremos axudas directas do Estado, a través da Secretario de Pobreza Infantil, para a atención aos máis pequenos", sinalou Caballero.