O Concello acomete a renovación de todo o entorno da rúa Colombia
Caballero visitou este martes as obras de humanización de Colombia por case medio millón de euros e recordou que, nos arredores, o goberno vigués ten en marcha a reforma de varias rúas do barrio de Ribadavia, o carril bici que pasará por Pizarro e o ascensor de San Salvador á Praza Isabel a Católica.
O alcalde acudiu este martes á rúa Colombia, onde o Concello acomete a primeira fase da súa humanización por importe próximo ao medio millón de euros, con 125 metros de actuación á que seguirá nunha segunda etapa o resto da rúa.
En Colombia, unha rúa "deteriorada" e sen atención durante "probablemente cen anos", o goberno de Vigo renovará as canalizacións soterradas de servizos e instalará luminarias LED, xardineiras, árbores, papeleiras e bancos.
O Concello está acometendo unha remodelación máis ampla da zona. O alcalde citou o ascensor que constrúe o goberno local entre San Salvador e a Praza Isabel a Católica -"para facilitar a conexión" entre ambas espazos- e o carril bici, que pasará tamén pola rúa Pizarro. Na parte alta, engadiu Caballero, o Concello promove a urbanización do PERI San Roque con reformas na rúa Ribadavia, nas travesías 1ª e 2ª, e nas escaleiras de acceso á rúa Colombia, e tamén prevé remodelar as rúas Calaza e Forno.
O alcalde vigués puxo en valor a "humanización integral de toda esta zona" que leva adiante o goberno que preside "nunha das zonas historicamente abandonadas nesta cidade", asegurou.
Descargar todas as imaxes