Presentación do libro de toponimia de Beade

mércores, 22 out 2014

O xoves 23 de outubro a partir das 20.00 h no Centro Social, Cultural e Recreativo de Beade presentase o terceiro volume da colección Toponimia do Val de Fragoso, correspondente á parroquia de Beade.Este labor de recollida, recuperación e posta en valor da toponimia viguesa é froito da colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística e da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

Filme "O Apóstolo"

mércores, 4 xuñ 2014

Este sábado no Auditorio Municipal hai unha cita co cine de animación en 3D stop-motion coa proxeccion do film "O Apóstolo" e que programa o Servizo Municipal de Normalización Lingüística Podedes recoller as invitacións no devandito servizo na praza do Rei.

Roteiro toponímico por Navia

venres, 30 mai 2014

A Concellería de Normalización Lingüística organiza o sábado 31, a partir das 18.00 horas un roteiro toponímico polo polígono de Navia. O roteiro sae do local da asociación veciñal Novo Vigo (As Teixugueiras, 11) e será guiado polas e polos monitores que realizaron diferentes obradoiros sobre a toponimia do lugar nos pasados meses.

"No verán... un conto" incluirá 40 actividades de normalización lingüística nos próximos meses

martes, 27 mai 2014

No marco do Centro de Interpretación da Oralidade, a concelleira de Normalización, Isaura Abelairas, informou da organización na época estival, e en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas, dun "verán regueifeiro", con conferencias, actividades e xogos nas illas Cíes. Contadas, monicreques, música e contos son algunhas das actividades organizadas para público familiar.

O Concello celebrou unha quedada literaria coa participación de 500 escolares de Infantil a Bacharelato

xoves, 15 mai 2014

Abel Caballero acudiu hoxe xoves a Castrelos, onde o goberno local organizou a I Quedada Literaria 2014 de Vigo e bisbarra, coa participación de medio millar de alumnos, de Infantil a Bacharelato, procedentes de oito centros. A Quedada pecha os obradoiros literarios que organiza o Concello durante o curso e enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas, que homenaxea a Díaz Castro.