venres, 8 nov 2013
O Concello, a Universidade de Vigo, a Fundación Celta e o Real Club Celta están a desenvolver a campaña de dinamización da lingua galega " Gústame o galego de primeira". Para demostrar ese apoio, o sábado, 9 de novembro, en Balaídos farase o fotocol da campaña, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para darlle o apoio a lingua galega. Dende as 19.00 h e até o comezo do partido (22.00 h).
mércores, 23 out 2013
O alcalde e o presidente do Real Club Celta de Vigo asinaron o acordo de cesión dos dereitos de imaxe do cadro técnico e xogadores do equipo celeste para a iniciativa "Gústame o galego de primeira", en colaboración coa Universidade de Vigo.
mércores, 25 set 2013
Isaura Abelairas presentou o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo para recuperar, poñer en valor e transmitir o patrimonio inmaterial das tradicións orais galegas. A actividade arrancará o próximo 2 de outubro no Instituto Municipal de Educación e a partir de aí terá lugar todos os mércores entre as 18,00 e as 20,00 horas nas mesmas instalacións.
mércores, 5 xuñ 2013
A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello, coa colaboración da Comunidade de Montes de Zamáns, a Asociación Veciñal San Mamede de Zamáns e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unhas s xornadas sobre toponimia os días 7 e 8 de xuño no Verbum e Zamáns.
martes, 28 mai 2013
A concelleira de Normalización Lingüística, Isaura Abelairas, presentou este martes "Un Verán de Conto", unha proposta municipal que levará -durante os meses de xuño e xullo- as lendas e contos populares a diferentes tipos de públicos, en distintas zonas de Vigo, a través de grandes narradores.
luns, 27 mai 2013
Mañá martes 28 de maio e o mércores 29, o salón de actos do MARCO acollerá dous actos relacionados coa celebración do Día das Letras Galegas: a proxección dun documental de Gonzalo Enríquez Veloso sobre Roberto Vidal Bolaño, e unha conferencia-coloquio en torno ás figuras de Rosalía de Castro e Vidal Bolaño, que estará a cargo de Uxía Blanco e Xavier Castro. Neste caso, a conferencia está organizada dende o Servizo De Normalización Lingüística do Concello de Vigo, no contexto das actividades programadas ao redor do Día das Letras Galegas.
xoves, 16 mai 2013
Abel Caballero indicou este xoves que o goberno local ven de editar unha tirada de 7.000 exemplares para o seu reparto entre o alumnado de Secundaria dos centros públicos da cidade e fará o mesmo cos estudantes dos concertados. O alcalde visitou hoxe o IES Castelao, que celebran o Día das Letras Galegas e o 150 aniversario da publicación en Vigo da obra de Rosalía de Castro.
mércores, 15 mai 2013
O alcalde de Vigo, xunto a distintos membros da Corporación Municipal, participaron este mércores na saída da décimo terceira edición do Correlingua, que reuníu na Praza do Rei a uns 1.500 alumnos e alumnas que partiron ata o parque de Castrelos. Caballero animounos a empregar o galego como "a chave do mundo", o lema de 2013.
mércores, 27 mar 2013
Normalización Linguística programa para o sábado 6 de abril a actividade "No Vigo de Rosalía. Vigo capital do Rexurdimento" as 12:15 h no Paseo de Afonso XII. A actividade consiste unha camiñada polo Casco Vello para descubrir o Vigo de Rosalía: o Vigo mariñeiro, o Vigo provincia... a influencia da familia Chao...
xoves, 14 mar 2013
A Concellería de Normalización Lingüística programa para os vindeiros días varios actos de homanaxe a Rosalía de Castro para celebrar o 150 aniversario da edición de "cantares galegos". Beade, Comesaña , o Calvario e Urzaiz serán os lugares de encontro.