Escoitar

Obradoiros de regueifas para ao alumnado de ESO e BAC

Dende o martes 18 e até o 19 de marzo Luís O Caruncho e Pinto d'Herbón impartirán obradoiros de regueifas dirixidos ao alumnado de ESO e BAC. Dende o ano 2003 a Concellería de Normalización Lingüística e o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo organizan estes obradoiros e posterior certame escolar de regueifas, xunto coa asociación ORAL de Galicia.

martes, 18 feb 2014
1392720747certamen.jpg
Certame escolar do ano pasado
Cada ano é máis o alumando que se achega á improvisación oral en verso a través desta actividade impartida nos centros escolares. Actividade que é unha das máis demandadas e valoradas pola poboación escolar ano tras ano.
O certame, ao que acode o alumnado participante, e no que regueifan máis de 100 mozos e mozas é unha mostra das habilidades que na arte da improvisación teñen estes rapaces e rapazas.

Precisamente, estes obradoiros e certame, a súa boa acollida polo alumnado, o feito de xurdiren novas voces regueifeiras froito do labor de Luís e Pinto (entre outros), e o feito, tamén, de demandaren espazos onde proseguir a súa formación, levaron ao Concello a pór todo o seu empeño en crear o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo. Centro no que están a se formar novas e novos regueifeiros da man de Josinho da Teixeira.
Descargar todas as imaxes