Principian as xornadas de homenaxe a Alexandre Bóveda
O Concello de Vigo organiza unhas xornadas para celebrar o centenario de Alexandre Bóveda que comezarán o mércores 18 de xuño ás 20:00 na Casa Galega da Cultura cunha conferencia a cargo do fillo do galeguista Xosé Luís Bóveda.
A conferencia titulada "Bóveda, apuntamentos biográficos" iniciará o programa de actividades realizado en colaboración coa Comisión pro-centenario e coa Fundación Alexandre Bóveda. Diversos persoeiros vencellados á cultura compartirán mediante conferencias e unha mesa redonda os seus coñecementos co público asistente aos actos.
Estas xornadas están destinadas a enxalzar a vinculación do galeguista coa cidade e o labor do que foi o motor do Partido Galeguista e, por extensión, do nacionalismo galego na II República.
Estas xornadas están destinadas a enxalzar a vinculación do galeguista coa cidade e o labor do que foi o motor do Partido Galeguista e, por extensión, do nacionalismo galego na II República.