venres, 20 xuñ 2003
A concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Porteiro, asistiu ao acto de entrega en Santiago de Compostela das distincións europeas conseguidas para os areais do Vao, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Canido. A Federación europea de educación ambiental concédelles as bandeiras azuis a aqueles concellos nos que se realiza un esforzo especial para o mantemento, limpeza e xestión das súas praias en consonancia co respecto polo contorno.
venres, 20 xuñ 2003
O luns 23 de xuño, ás 9:00 horas, celébrase a primeira reunión da Comisión de Goberno do novo Goberno Municipal.
venres, 20 xuñ 2003
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, visitou as unidades básicas de atención social de Coia, do Casco Vello e de Teis para coñecer de preto as necesidades dos traballadores destes centros e dos seus usuarios.
venres, 20 xuñ 2003
"Malas Artes: Prêt-â-porter" é o título da exposición que se amosa na Sala dos Peiraos e que organiza a Concellería de Cultura. A exposición que permanecerá aberta ata o 27 de xullo reflexiona sobre un campo moi achegado á realidade socioeconómica galega: o mundo do deseño téxtil.
venres, 20 xuñ 2003
O Verbum, o auditorio do Conservatorio de Música e a concatedral Santa María serán os escenarios nos que se celebren concertos durante o sábado para desenvolver Festa da Música organizada por Xuventudes Musicais e patrocinada pola Concellería de Cultura.