O Concello recolle as Bandeiras azuis que certifican a calidade dos areais vigueses
A concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Porteiro, asistiu ao acto de entrega en Santiago de Compostela das distincións europeas conseguidas para os areais do Vao, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Canido. A Federación europea de educación ambiental concédelles as bandeiras azuis a aqueles concellos nos que se realiza un esforzo especial para o mantemento, limpeza e xestión das súas praias en consonancia co respecto polo contorno.
A Bandeira Azul é un galardón á calidade ambiental concedido pola Feee (ADEAC é o seu representante en España) a aqueles concellos nos que se realiza un esforzo especial para o mantemento, limpeza e xestión das súas praias e portos deportivos en consonancia co respecto polo medio.
Soamente os concellos poden solicitar a Bandeira Azul para as praias, en ocasións en cooperación con xestores privados de praias. No caso dos portos deportivos, tanto xestores públicos como privados poden solicitala.
Existe un terceiro tipo de Bandeira Azul, a dirixida aos usuarios de embarcacións e, en xeral, a aqueles usuarios que firmen o "Código de conducta no mar", comprometéndose ao cumprimento das normas. A campaña Bandeira Azul promove accións de carácter voluntario, así como a cooperación entre os axentes sociais de turismo e do medio.
A Bandeira Azul é válida soamente en tanto se cumpran os criterios esixidos; as praias e portos están obrigados a arriar a Bandeira Azul se estes deixan de cumprirse.
Entre os obxectivos da campaña de bandeiras azuis está aumentar a conciencia cidadá e a acción das autoridades sobre a calidade do contorno das praias e portos de Europa, e, en particular, da calidade das augas segundo a directiva 76/169/CEE. Outra finalidade consiste en ter un símbolo europeo para o recoñecemento e emulación daquelas praias e portos que alcanzan un nivel de calidade ambiental buscando un equilibrio entre o uso dos recursos naturais e o respecto polo contorno.
Para a súa concesión establécense criterios como a calidade da auga e do litoral, seguridade, servicios e instalacións e pór a disposición dos usuarios información para a educación ambiental.