Escoitar

Mariño destaca o alto nivel das industrias do aluminio na inauguración de "Alumostra 2003"

O alcalde Ventura Pérez Mariño amosou a súa satisfacción pola marcha do Instituto Feiral e do nivel do sector do aluminio no transcurso do acto de inauguración de Alumostra celebrado en Cotogrande. Ó acto asistiu tamén o conselleiro de Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste.

xoves, 19 xuñ 2003
Mariño manifestou o seu desexo de que a actividade do alumnio experimente cada día un maior auxe no só a nivel provincial senón tamén na cidade olívica. Na súa intervención o alcalde avogou para que Alumostra se convirta nun certame exitoso para os expositores e para que se realicen importantes transaccións económicas.

Alumostra celébrase ata o próximo domingo no recinto feiral de Cotogrande coa participación dun cento de expositores e ocupa unha superficie de 12.000 metros cuadrados, triplicando a edición anterior.