Escoitar

Un curso aborda a prevención de riscos laborais no deporte

O curso de verán "Prevención e responsabilidades en instalacións e actividades deportivas" aborda as estratexias fronte os riscos laborais no eido do exercicio físico. Organizado polo Concello en colaboración coa Universidade de Vigo pretende dotar os asistentes das habilidades necesarias para a organización e xestión da prevención nos equipamentos deportivos.

xoves, 19 xuñ 2003
As clases, validables para os estudiantes universitarios por un crédito, desenvolveranse na Sala de Conferencias de Begano S.L.-Coca Cola, do 7 ao 11 de xullo, en quenda de tarde.

O programa tratará temas como as normativas legais, métodos de control de seguridade nas instalacións destinadas ao deporte, ou os tipos de seguros e responsabilidade civil para esas dotacións. As clases teóricas, completaranse diariamente con mesas de traballo, nas que participarán tódolos asistentes, e que incluirán a análise de casos prácticos.

O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o día 3 de xullo. Os membros da comunidade universitaria e de entidades deportivas con sede en Vigo, disporán dun desconto do 25% sobre os 100 € das taxas de inscrición.

Máis información