Escoitar

Arias defende que o Casco Vello precisa unha intervención integral para trocar modos de vida

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Xosé Carlos Arias, realizou unha visita de recoñecemento ao Casco Vello cos técnicos do departamento para facer unha diagnose do labor de intervención integral dirixido a trocar os modos de vida dos residentes.

xoves, 19 xuñ 2003
1056027719Prazaprincesa.jpg
Praza da Princesa
Arias coñeceu tanto as zonas consolidadas como as degradadas do Barrio Histórico e visitou o novo centro de saúde co arquitecto Alfonso Penelas e o Centro de artesanía tradicional.

Este percorrido foi "unha primeira toma de contacto cos veciños e comerciantes destinado a facer unha diagnose deste espacio no que se teñen dado melloras significativas a través do plan Urban fundamentalmente pero seguen existindo zonas moi degradadas", afirmou Arias.

O concelleiro explicou que se pretende "realizar unha intervención integral dirixida a trocar modos de vida e a erradicar os focos de marxinalidade que aínda existen no Casco Vello".
Descargar todas as imaxes

Máis información