O alcalde agarda multiplicar os proxectos coa Zona Franca
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, manifestou a intención do Consorcio da Zona Franca de desenvolver un proxecto referencial para a cidade nos terreos da Etea.
O encontro mantido entre o alcalde e o delegado da Zona Franca en Vigo reflexou "a cordialidade e as boas relacións que teñen que presidir ambas institucións", afirmou Mariño.
O alcalde sinalou que "hai proxectos de colaboración en marcha que queremos continuar coa aspiración de que se multipliquen para obter un alto grao de rendemento".
"Haberá que poñerlle unha alfombra vermella desde o Concello ao Consorcio da Zona Franca para manter unha relación xa non só transparente senón normalizada", destacou Mariño. Egerique quixo definir as relacións co alcalde como "magníficas para poder cumplir os compromisos e apoiar as iniciativas da nova Corporación municipal".
Proxecto para a Etea
O alcalde amosouse "convencido da actitude xenerosa e positiva por parte do Consorcio da Zona Franca para desenvolver un proxecto referencial para a cidade nos terreos da Etea".
Trala desafectación dos terreos e a solución aos problemas de deslinde, poderase asinar a escritura e paralelamente sacar a concurso, antes de final de ano, o proxecto para o espacio que ocupaba a Etea.
Descargar todas as imaxes