venres, 13 mai 2005
A alcaldesa, Corina Porro, presidiu na Casa Galega das Artes a xunta constitutiva do Consello Social da Lingua Galega de Vigo. Esta entidade, composta por diversas institucións, colectivos e empresas, pretende contribuír á normalización do galego no noso municipio.
mércores, 11 mai 2005
Máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo participaron na 8º etapa da presente edición do Correlingua, baixo o lema "Galego: un bico na lingua". A alcaldesa, Corina Porro, animou os cativos antes da saída da carreira para "que dos vosos labios xurdan palabras que falen de nós".
martes, 10 mai 2005
Baixo o lema de "GALEGO: UN BICO NA LINGUA", máis de 3.000 escolares dos centros de ensino de Vigo e comarca van tomar as rúas da nosa cidade para participaren na 8º etapa da presente edición do Correlingua.
xoves, 5 mai 2005
O Concello de Vigo quere sumarse ás celebracións do 17 de maio, Día das Letras Galegas dedicado este ano a Lorenzo Varela, cunha serie de actuacións a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, como a proxección de cinema en galego, obradoiros de regueifas, unha carreira a favor do galego e o programa "Ponte nas ondas".
venres, 22 abr 2005
O concelleiro de Normalización Lingüística, Ignacio López Chaves, presentou o programa para este trimestre das actividades de dinamización lingüística que van dende os xogos , a lectura e de escritura creativa.
mércores, 20 abr 2005
O Servizo de Normalización Lingüística organiza unha campaña de dinamización lingüística dirixida a nenas e nenos de 6 a 12 anos co lema "Cóntame un conto" e que se desenvolverá as fins de semana de abril e maio en distintos puntos da cidade.
martes, 8 mar 2005
Conservar a microtoponimia das parroquias rurais e semiurbanas de Vigo é o obxectivo dunha iniciativa desenvolvida polo Concello de Vigo e diversas asociacións veciñais coa colaboración da Xunta de Galicia. Os resultados provisionais deste proxecto están á vista nunha exposición de fotografías aéreas do termo municipal que se pode visitar estes días na lonxa do Concello.
mércores, 16 feb 2005
O seu regulamento definitivo foi aprobado polo Pleno e publicado no BOP o 31 de xaneiro de 2005. Agora o Consello Social da Lingua Galega de Vigo atópase en trámites de composición para comezar a súa actividade.
martes, 16 nov 2004
O Congreso será un punto de encontro entre os distintos axentes que participan en cada unha das fases da elaboración dunha obra, contará con personalidades da literatura e a traducción e constará de mesas de traballo e charlas didácticas.