Escoitar
Anuncio Normalización Lingüística

Obradoiros de escritura creativa

<br />

venres, 15 abr 2005
Neste programa buscamos un espazo de traballo lúdico e promovemos a mellora de actitudes e usos da lingua.

Procuramos adaptar os procesos creativos ás persoas: desenvolvémolos a partir dos principios de orixinalidade e identidade.

NIVEL I
- A imaxinación ao poder. Unha viaxe ao mundo das palabras. A escritura colectiva, a creatividade, a expresividade, a doma de palabras.

- Un camiño de liberdade. Orixinalidade e creatividade persoal. Destruír os tópicos, o discurso persoal, estímulos creativos, a soberanía persoal.

NIVEL II

- Obradoiro das utopías. A imaxinación e o marabilloso. O mundo ideal, había unha vez..., poesía e prosa, experimentos sen imperativos.

- A literatura e o mundo real. Literatura e sociedade. O meu nome é o meu mundo, podemos cambiar o mundo coas palabras?

Obradoiro de escrita creativa de nivel I

Datas: 25 e 27 de abril e 2, 4 e 9 de maio.
Horario: de 18.30 a 20.00 h.
Lugar: Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez, 6 Vigo
Prazo de inscrición: do 18 ao 22 de abril.

Obradoiro de escrita creativa de nivel II

Datas: 18, 23, 25 e 30 de maio e 1 de xuño.
Horario: de 18.30 a 20.00 h.
Lugar: Biblioteca Central, rúa Joaquín Yáñez, 6 Vigo
Prazo de inscrición: do 18 de abril ao 12 de maio.
Requisito: ter feito o obradoiro de nivel I.

Obradoiro de escrita creativa de nivel II

Datas: 8, 14, 16, 21 e 23 de xuño.
Horario: de 18.30 a 20.30 h.
Lugar: Edificio Asefal, rúa Elduayen, 36, Vigo
Prazo de inscrición: do 18 de abril ao 2 de xuño.
Requisito: ter feito o obradoiro de nivel I.

LUGAR DE INSCRICIÓNS: no Servizo de Normalización Lingüística, 1ª planta da Casa do Concello de Vigo, teléfono 986 810281, en horario de 9:00 a 14:00 h. Prazas limitadas.