Escoitar

XVIII Festa infantil de karate-do, no pavillón de Coia

O evento contará coa participación de máis de 450 rapaces de entre 5 e 17 anos que farán demostracións de defensa persoal e Tai Chi. Terá lugar o sábado ás 17 horas no pavillón de Coia.

xoves, 14 abr 2005
1113484047karate.jpg
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, xunto co organizador do torneo, Fernando Álvarez Saá e representantes de dous dos patrocinadores, Cocacola e Di San Remo, presentaron a XVIII edición da Festa Infantil de karate, que terá lugar o sábado 16 de abril no pavillón das Travesas e que este ano contará con 450 nenos e nenas inscritos.

Lucía Molares destacou a práctica dun deporte que permite aos nenos adquirir concentración, respecto ao próximo e disciplina, así como "confianza, seguridade e control, tanto físico como mental". A concelleira desexoulles aos nenos que gocen nesta festa e que poidan demostrar o que aprenderon durante todo o ano.

Pola súa parte, Fernando Álvarez, instructor de karate, explicou que o evento consistirá nunha exhibición de defensa persoal e que haberá outra de Tai Chi. Participarán rapaces de entre 5 e 17 anos e haberá sorpresas, como as exhibicións dalgúns karatekas "ben coñecidos na cidade, pero que non quero aínda desvelar", explicou Fernando Álvarez. A cita será o sábado en Coia a partir das cinco da tarde.
1113484047karate.jpg
1113484077karatecartel.jpg
Descargar todas as imaxes