Escoitar

A Fundación Vide presenta unha revista e a súa páxina web

A revista Vide recupera a súa andadura cunha tirada de 2.500 exemplares mensuais para dar cobertura ao deporte local e ás actividades da fundación.

mércores, 13 abr 2005
1113398949vide.jpg
O xerente da Fundación VIDE, Raúl Portela e a vicepresidenta da mesma, Lucía Molares, presentaron a revista e páxina web da Fundación que co nome de Vide sairá de novo á luz con periodicidade mensual e de xeito gratuíto. A tirada desta revista é de 2.500 exemplares e será enviada a todas as federacións deportivas, entidades e asociacións vinculadas ao deporte e ás empresas colaboradoras da fundación.

A páxina web da Fundación Vigo en Deporte www.vide.es presta atención a todas as disciplinas do deporte vigués, especialmente ás categorías bases. Ciclismo, voleibol, fútbol sala, baloncesto en cadeira de rodas, hóckey ou balonmán son algúns dos deportes que contan cun seguimento na revista.

Dentro da fundación Vigo Deporte destaca a iniciativa Siareiro que non deixou de medrar dende a súa creación fai tres anos. Esta proposta pioneira no deporte e que xa conta con 24.000 abonados é un modo de manter vivo o espírito deportivo e axudar aos clubs a ter un nome propio no deporte a nivel nacional. Hai tres tipos de abonos Siareiro:

- A través do carné base un pode participar en sorteos, promocións e beneficiarase de descontos nos establecementos colaboradores.

- O de elite permite entrar gratis aos encontros dos seguintes equipos: Celta Vigo Urban, Roypasa Vigo, Vigo Valery Karpin, Xuvenil de Teis Frutas Nieves, Amfiv Vital Vigo, Grupo Atlántico Vigo Stick e Academia Octavio Pilotes Posada. Tamén terá descontos en comercios e poderá participar en promocións e sorteos.

- Por último, o carné de empresa colaboradora ou simpatizante.
Descargar todas as imaxes