O Concello incrementou as axudas municipais para material escolar
A concelleira Marta Iglesias presentou as axudas que o Concello destinará ás familias para a adquisición de material escolar e gastos de comedor. O importe total destas subvencións pasou de 300.000 euros en 2002 a 400.000 en 2005.
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou hoxe venres as axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar e gastos de comedor. Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias con dificultades socio-económicas.
Marta Iglesias dixo que "con este programa queremos atender a demanda de axudas das familias con baixos ingresos". Así, as unidades familiares que queiran beneficiarse destas axudas non poderán ter unha renda per cápita mensual superior a 240 euros. Marta Iglesias salientou o incremento da cantidade destinada polo Concello ao programa, que pasou de 300.000 euros en 2002 a 400.000 en 2005.
Alumnos vigueses de educación infantil, primaria e ESO de 119 colexios públicos e concertados poderán reducir, deste modo, os gastos que lles supoñen ás súas familias o exercicio do seu dereito á educación.
Así, para libros e material escolar, os alumnos da segunda etapa de educación infantil recibirán 62 euros; os de educación primaria, 86 euros, e os de ESO, 116 euros. O pagamento destas axudas realizarase dunha soa vez por medio de talón bancario, tras a presentación de factura orixinal.
No que respecta á cobertura dos gastos de comedor escolar, a subvención municipal será de 40 euros por mes e alumno como máximo. A axuda comprende de outubro a maio, ambos os meses incluídos.
Descargar todas as imaxes