Vigo revalida as nove bandeiras azuis e consolídase entre as cidades españolas con maior número de distincións

xoves, 15 mai 2014

O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por conseguir todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, xunto a Cartaxena, a cidade española con maior número de bandeiras azuis nas praias. O Concello de Vigo recibe tamén a distinción "Sendeiro Azul" para a senda do río Lagares. Caballero subliñou que "non é facil" obter este recoñecemento "nun ámbito municipal densamente industrial", como é Vigo.

Máis de 16.000 vigueses participaron nas actividades do Plan Saúde

mércores, 7 mai 2014

O Plan Saúde do Concello de Vigo contou con 16.161 usuarios desde a súa posta en marcha, o que supón, segundo explicou a concelleira de Sanidade e Medio Ambiente, Chus Lago, que máis dun 5% dos vigueses participou nalgunha das súas actividades. Unha das iniciativas que máis éxito ten é a formación sobre prevención cardiovascular e primeiros auxilios na que participaron 2.597 persoas.

Caballero anima a todo Vigo a participar o 18 de maio na Primeira Andaina Polos Montes de Vigo

xoves, 24 abr 2014

Tal e como explicou hoxe o rexedor, esta iniciativa permitirá aos vigueses achegarse a "ese gran descoñecido" que son os montes de Vigo. Acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, fixo un chamamento á participación nunha actividade complementaria ao exitoso proxecto Camiño a Camiño, que conta nestes momentos cunha participación de máis de 4.000 persoas.