Vigozoo abre as listas de preinscrición ás actividades de fin de semana

martes, 5 abr 2016

A concelleria de Medio Ambiente organiza quedadas de fin de semana en Vigozoo os meses de abril, maio e xuño. Tratase dunha actividade destinada a menores de entre 8 a 12 anos que se inicia o sábado ás 16:00 horas e remata o domingo ás 13:00 horas. Cun prezo de 20 euros inclúe cea, almorzo e pernocta nas instalacións do albergue e na nova cabaña de Vigozoo.

O goberno de Vigo amplía o "Camiño a Camiño" pola súa décima edición

xoves, 11 feb 2016

Entre febreiro e xuño, o programa municipal de educación ambiental ofrecerá rutas, hortas urbanas, voluntariado medioambiental e cursos de formación. O Concello suma novidades, como acampadas nas Cíes, rutas pola Ribeira Sacra, unha nova horta-escola en Ramón Nieto, o acondicionamento de tres novos sendeiros locais e formación sobre vida saudable.

O Concello apoia o labor de Iberdrola na promoción das enerxías limpas

xoves, 8 out 2015

O rexedor participou este xoves pola mañá na presentación do autobús ambiental de Iberdrola e dun vehículo eléctrico cos que a empresa amosa o seu compromiso co transporte sostible e a súa política medioambiental e de xeración de enerxías limpas. Abel Caballero declarou que Iberdrola "ten no Concello de Vigo un cooperador necesario" neste labor de promoción das enerxías renovables, apuntando que para o goberno local esta é tamén unha prioridade; razón pola que, dende hai cinco anos, o coche do alcalde é un eléctrico.