luns, 18 mar 2024
O Concello e a Universidade de Vigo renovan o programa de colaboración que implica á área de Zooloxía do departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, segundo anunciou este luns o alcalde.
venres, 15 mar 2024
O alcalde tamén anunciou esta mañá a posta en marcha “do circuito multiaventura de Vigo Nature”, que contará con “tirolina e rocodromo” entre outros.
xoves, 14 mar 2024
Os 5 sendeiros azuis, recoñecidos cunha bandeira pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, destacan a Vigo como a cidade española que conta co maior número de distintivos. Así o destacou este xoves o alcalde ao remarcar o aumento do espazos naturais recuperados co recoñecemento obtido este ano pola Senda de Ribeira polo Río Lagares. “Son 41 quilómetros recuperados para gozar coas bandeiras azuis da natureza e coa bandeira do medioambiente pola recuperación ambiental”, destacou o rexedor.
mércores, 13 mar 2024
O alcalde celebra que o Goberno de España licite a obra de rexeneración dunar en Samil, que se encarga da parte litoral. A actuación comprende 250 metros, ampliación do paseo de madeira con 12 metros de ancho retranqueado 25 metros.
xoves, 7 mar 2024
Abel Caballero presentou a programación de marzo a xuño, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e da Directora de Responsabilidad Social e Comunicación de Vegalsa-Eroski, Gabriela González Márquez.
martes, 5 mar 2024
O Concello de Vigo reafirma a súa colaboración co Club Peña Trevinca e a Universidade de Vigo na nova edición do Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático, organizado con motivo do Día Mundial do Clima. A terceira edición, presentada este martes pola concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, a directora de medio ambiente da Universidade de Vigo, Delfina Couce, e polos directivos do club de montaña, celebrarase durante os días 19, 20 e 21 de marzo no Auditorio Municipal, e contará coa intervención de tres autoridades de referencia internacional: Carlos Soria, Joaquín Araújo e María José Sanz.
xoves, 29 feb 2024
O alcalde saudou aos 160 escolares que asistiron á 5º Mostra de Cine de Montaña e Aventura que se desenvolve estes días no Auditorio Municipal. Caballero definiu á rapazada como "os actores do futuro do medioambiente" e louvou a actividade que desenvolve en Vigo o club Montañeiros Celtas a través destas xornadas cinematográficas.
martes, 27 feb 2024
O Concello organiza no Parque Ambiental Municipal de Vigo na Madroa actividades educativas pensadas para as familias que van desde a alimentación da fauna ata o enriquecemento ambiental ou a observación astronómica.
mércores, 14 feb 2024
Abel Caballero deu conta da publicación do tramo de nova execución de case medio quilómetro de longo e 2,5 metros de ancho na marxe dereita do río desde a estrada de Moledo ata a conexión co polígono de Miraflores.
luns, 12 feb 2024
A cuarta edición das Rutas Saudables en Vigo comezarán o martes 27 de febreiro e desenvolveranse ao longo de 12 semanas co obxectivo de fomentar a actividade física periódica entre a poboación.