xoves, 3 out 2024
A segunda actividade do programa “Camiño a Camiño” a espazos naturais singulares de Galicia foi trasladada do domingo 6 de outubro ao día 3 de novembro debido ás previsións climatolóxicas. O Concello manterá as inscricións das persoas que se anotaron para participar no roteiro ao parque de Corrubedo.
luns, 30 set 2024
Abel Caballero explicou que o alumnado poderá aprender sobre como “tratar a importancia da reciclaxe, promover a economía circular e aplicar prácticas sostibles”. Ademais, o Concello está a levar a cabo unha enquisa de valoración nos centros educativos para identificar as súas necesidades específicas en materia de reciclaxe.
luns, 30 set 2024
A Corporación aprobou, co apoio do BNG e os votos en contra dos populares, a moción do grupo socialista que demanda a Augas de Galicia un plan anual de atención e limpeza do río e a retirada de especies invasoras de todo o tramo fluvial do Lagares.
mércores, 25 set 2024
O rexedor vigués explicou que “as multas son de 300 euros para particulares e de 1.000 euros para empresas” e fixo fincapé na “lentitude” do proceso pola “dificultade de localizar aos propietarios, en moitos casos empresas en procesos de disolución".
martes, 24 set 2024
O alcalde informou este martes dos datos de recollida do lixo nos puntos limpos de proximidade situados na Praza da Independencia e na rúa Martín Echegaray, que suman unha media mensual de 1.300 quilos de residuos.
xoves, 19 set 2024
O alcalde de Vigo e o director xeral de Vegalsa-Eroski renovaron este xoves o convenio de colaboración para desenvolver o programa “Camiño a Camiño”, que este outono amplía a súa oferta coa organización de cinco rutas por espazos naturais singulares de Galicia.
martes, 17 set 2024
O goberno municipal de Vigo aprobou o convenio de colaboración con Vego Supermercados para facilitar as viaxes a cinco contornas ambientais singulares de Galicia que se desenvolverán este outono dentro do programa de actividades “Camiño a Camiño 2024”.
martes, 27 ago 2024
O alcalde visitou este martes á trintena de axentes que participan neste curso de perfeccionamento en técnicas de rescate en augas abertas.
luns, 26 ago 2024
Ante a proliferación repentina do uso de cortaventos na praia de Samil, o Concello de Vigo realizou esta mañá un operativo de información aos usuarios. Axentes da Policía Local achegáronse ás persoas que se atopaban no areal, utilizando este tipo de utensilios, para informarlles da prohibición desta práctica, como así recolle a Ordenanza reguladora do uso e goce das praias, aprobada en 2021. Coa colaboración cidadá a praia quedou liberada de cortaventos ao longo da mañá de hoxe. As multas polo uso destes dispositivos sitúase entre os 751€ e os 1.500€.
mércores, 21 ago 2024
O concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, participou este mércores xunto á organización, na presentación do programa do evento, que se celebra entre o 30 de agosto e o 1 de setembro, no Parque Forestal de San Miguel de Oia.