venres, 26 xul 2019
Os concertos no emblemático auditorio ao aire libre continúan este venres ás 23 horas co británico Rick Astley e o sábado, coa tradicional actuación da Coral Casablanca. O luns, o antigo membro de Supertrump, Roger Hogdson, encherá Castrelos.
luns, 22 xul 2019
Logo dos éxitos de Lauryn Hill e Leiva, o Concello continúa esta semana coas actuacións programadas no emblemático auditorio vigués. Tom Jones encherá Castrelos este martes, o mércores actúa Fangoria, o venres chega Rick Astley e o sábado, a tradicional interpretación estival da Coral Casablanca. Unha "semana grandiosa" nas festas de Vigo, en verbas do alcalde.<br />
venres, 19 xul 2019
O concelleiro Carlos López Font referiuse este venres a algunhas das axudas que o goberno autonómico concede a festivais que se celebran en Galicia e que suman 3,3 millóns de euros.
xoves, 18 xul 2019
Abel Caballero reuniuse este xoves coa ministra de Turismo, Industria e Comercio, Reyes Maroto, e a secretaria de Estado, Isabel María Oliver Sagreras, que lle fixeron entrega desta distinción.
mércores, 17 xul 2019
Abel Caballero informou de que este xoves acudirá a Madrid para manter unha reunión coa secretaria de Estado de Turismo, coa que tratará sobre a declaración da Reconquista como Festa de Interese Turístico Nacional.
martes, 16 xul 2019
As reservas para o programa de Vigo en Festas 2019 continúa cunha gran demanda e este martes esgotáronse en apenas unha hora todo o papel para o concerto de Vetusta Morla, Xoel López e Furious Monkey House. A artista americana Lauryn Hill abrirá este mércores (22:30 horas) as actuacións no Auditorio de Castrelos na programación de Vigo en Festas 2019.
luns, 15 xul 2019
O ritmo da venta de entradas para o programa de Vigo en Festas 2019 continúa cunha gran demanda e este luns esgotáranse en apenas dúas dúas horas as reservas para o concerto de 30 Seconds to Mars. As tres primeiras actuacións (Lauryn Hill, Leiva e Tom Jones) tamén colgaron o cartel de "sold out", segundo confirmou o alcalde.
venres, 12 xul 2019
Despois da actuación onte xoves de Sondeseu, o Concello programa para este venres un dobre concerto na Porta do Sol: Toni Lomba & Elio dos Santos, ás 22h, e Heredeiros da Crus, ás 23h. Este sábado, tamén na Porta do Sol, MITIC ás 22:30h e Amparanoia ás 21h na terraza do Auditorio Mar de Vigo. Todos son gratuítos.
xoves, 11 xul 2019
Son de Seu, Heredeiros da Crus, Tony Lomba & Elio dos Santos e Mitic actúan este xoves, venres e sábado, respectivamente, na Porta do Sol dentro do programa de Vigo en Festas.
martes, 9 xul 2019
Son de Seu, Heredeiros da Crus, Tony Lomba & Elio dos Santos e Mitic actuarán esta semana na Porta do Sol dentro do programa de Vigo en Festas. O Concello de Vigo decidiu ampliar a oferta para este verán e tamén haberá actuacións durante tres días con outros vinte grupos de música tradicional e folk.