O goberno municipal critica o trato discriminatorio da Xunta cos festivais de Vigo
O concelleiro Carlos López Font referiuse este venres a algunhas das axudas que o goberno autonómico concede a festivais que se celebran en Galicia e que suman 3,3 millóns de euros.
"A Xunta de Galicia non está dando o mesmo trato a esta cidade que o que dá a outras cidades" apuntou o edil López Font, expoñendo tres casos de festivais que veñen de recibir axudas por parte do goberno galego: o contrato privado de patrocinio publicitario do Xacobeo 2021 a través do Resurrection Fest de Viveiro, cunha axuda concedida de 605.000 euros, o contrato privado de patrocinio publicitario do Xacobeo 2021 a través do festival Portamérica, que recibe 181.500 euros da Xunta de Galivia e o Festival O Son do Camiño, en Santiago, con 2,5 millóns de euros financiados pola Xunta.
Para Carlos López Font, estes 3,3 millóns de euros que a Xunta "achega a outras localidades para festivais, mentres aquí dá cero euros" son un exemplo do "trato discriminatorio" da Xunta de Galicia con Vigo onde se desenvolven festivais para tódolos públicos, sinalou. Engadiu tamén que "fronte ao prometido, a Xunta quita 50.000 euros prometidos ao Marisquiño".
Descargar todas as imaxes