Escoitar

O Goberno de Vigo aproba a ordenación provisional e favorece a 48.000 propietarios de parcelas

A Xerencia de Urbanismo do Concello deu o visto e prace este venres á aprobación definitiva da ordenación provisional mediante a cal un total de 48.000 propietarios van poder edificar nas súas parcelas. A concelleira María Xosé Caride avanzou que entrará en vigor este mes tras pasar polo Pleno Municipal.

venres, 19 xul 2019
1563541569caride.JPG
O Consello da Xerencia de Urbanismo validou este venres a aprobación definitiva do informe da ordenación provisional e agora unicamente falta o seu paso polo Pleno Municipal, que será este mesmo mes, para entrar en vigor.

A concelleira de Urbanismo, María José Caride, explicou en rolda de prensa que a sesión plenaria levarase a cabo nos próximos quince días e, probablemente, será a través dun pleno extraordinario. "É un paso decisivo porque ven a resolver o problema de 48.000 familias de Vigo con dereito de edificar", sinalou ante os medios de comunicación.

O ordenación provisional afecta a un total de 23 millóns de metros de chan, o 24 por cento do termo municipal de Vigo, que unido aos ámbitos nos que xa se podía, como o Casco Vello ou Bouzas, permite que o 38 por cento do solo municipal poida obter licencia.

"Causa sorpresa que mentres o goberno local traballa pola cidade para resolver problemas, outros dous partidos, Marea e BNG, van en contra das familias e votan en contra. Por responsabilidade o goberno entende que tiñamos que aproveitar canto antes para aprobar a ordenación", sinalou Caride.

A titular do departamento de Urbanismo engadiu que quedan incorporados os informes de Costas do Estado, que non o emitiu en prazo e polo tanto o silencio administrativo é favorable, e da Xunta, así como os de Secretaría e Intervención.

María José Caride explicou que o documento é moi consensuado, posto que están notificados 48.000 titulares de forma persoal e o número de alegacións foron 428, o que representa tan só 0,9% con dereito de alegar.

O Concello xa notificou en meses previos a uns 48.000 propietarios que van poder edificar nas súas parcelas e quedaron 8.881 persoas sen localizar, cuxo DNI publicou o BOE nun total de 275 páxinas.
Descargar todas as imaxes