venres, 21 mar 2003
O Museo de Castrelos vaise converter, desde o sábado, nun recinto máis da cidade aberto para a actividade dramática. Nesta primeira ocasión será da man do grupo Sísifo, e nas vindeiras semanas terán lugar representacións a cargo dos grupos Artello e Máscara Produccións.
xoves, 20 mar 2003
"Genuglexxión" é o título da obra que a compañía Noescafé-teatro pora en escena no Festival Alternativo de Teatro que organiza a concellería de Festas e Animación Sociocultural. A función será o venres 21 de marzo ás 21:30 horas no auditorio municipal; o prezo da entrada é de 5 euros.
xoves, 20 mar 2003
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural vai programar un ano máis o Festival Folclórico Internacional "Concello de Vigo", que ten como obxectivo fomentar e promocionar o noso folclore.
venres, 14 mar 2003
A Asociación de Veciños Val do Fragoso e a Sociedade Cultural e Deportiva “Atlántida” de Matamá, van acoller o sábado e o domingo, respectivamente, sendas actuacións do grupo teatral Artello, que representará a súa última montaxe “Amadís de Algures”, dentro do programa Vigo a Escena, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
xoves, 13 mar 2003
Delirium Teatro representa Footin no II Festival Alternativo de Teatro, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, no auditorio do Concello ás 21:30 horas. A montaxe foi nominada no ano 2002 aos premios Max de teatro como mellor espectáculo revelación.