mércores, 16 xul 2003
A compañía de Castela-León Hojarasca Danza presentará o xoves 17 de xullo en Vigo o seu espectáculo ‘Bloque C (Anxos caídos buscan subir ao ceo)’, dentro da programación do IV Verán de teatro que se celebra na explanada da praza da Estrela, á beira da ría, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
martes, 15 xul 2003
Dentro da programación do ciclo IV Verán de teatro, o mércores 16 de xullo, vai actuar a compañía viguesa Noescafé, que representará ás 23:00 na praza da Estrela a súa última montaxe, "Sinfólico". No caso de que a chuvia non o permita, a función será no auditorio municipal.
luns, 14 xul 2003
Sete compañías actuarán neste ciclo que se vai celebrar de luns a venres ás 23:00 na praza da Estrela. Pez en Raya representará o luns 14 "Pésame mucho" e La Fanfarra o martes 15 de xullo "De tanto que te quiero..." As compañías Noescafé Teatro, Hojarasca Danza, The Pinga, Pepa Plana e Taco Aguja completan o programa.
venres, 11 xul 2003
A actuación de Goran Bregovic en Vigo será a única do artista en Galicia, onde estará por primeira vez o 13 de xullo, dentro dos concertos programados nas Festas do Cristo. A cita será ás 23:00 no parque de Castrelos.
venres, 11 xul 2003
A concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Margarida Martíns presentou o "IV verán de Teatro", incluído na programación das Festas do Cristo 2003. Todas as representacións desenvolveranse na praza da Estrela a partir das 23:00 horas e serán de entrada libre.
mércores, 9 xul 2003
A concelleira de Festas, Margarida Martíns, anunciou que xa están á venda as entradas na Central de espectáculos para os concertos de Castrelos programados polo Concello de Vigo. Para a súa difusión distribuiranse 50.000 programas de man e carteis en áreas comerciais, departamentos municipais, hoteis e establecementos turísticos.
martes, 1 xul 2003
O IV Festival latino internacional "Para Vigo me voy" comeza coa actuación de Caetano Veloso o mércores 2 de xullo ás 23:00 h no auditorio do parque de Castrelos.
xoves, 26 xuñ 2003
O programa "Para Vigo me voy" iníciase o 2 de xullo ás 23:00 no auditorio de Castrelos coa actuación de Caetano Veloso. As entradas pódense adquirir a partir das 11:00 do venres 27 de xuño en Vigo, Santiago, A Coruña, Ourense e Pontevedra.
xoves, 26 xuñ 2003
O venres, remata o prazo para participar no IV Enxalzamento do Traxe Galego, que se celebrará o sábado na praza do Berbés, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza.
luns, 16 xuñ 2003
A Concellería de Festas e Animación Cultural, en colaboración con El Corte Inglés e a Escola municipal de danza, organiza como cada ano o "IV Enxalzamento do traxe galego" que se celebrará o sábado 28 de xuño de 2003, a partir das 21.00 horas, na praza do Berbés.