O Concello aumentará as bolsas de inglés para os alumnos que non poideron viaxar no 2013

luns, 7 mar 2016

O alcalde de Vigo ratificou esta mañá o compromiso de que todos os alumnos que non poideron gozar da súa bolsa de inglés en 2013 poidan viaxar este ano ou o próximo. Con tal obxectivo, aumentaránse as 150 prazas previstas para poder atender as 300 solicitudes recibidas. Hai tres anos, o goberno local foi obrigado pola oposición a retirar dos orzamentos estas bolsas de idiomas.

O goberno local adica case 1,4 millóns para financiar este ano 617 bolsas de idiomas

venres, 26 feb 2016

O Concello deu luz verde á prórroga dun contrato que permitirá que 300 estudantes de 3º da ESO gozen este ano dunha bolsa de inmersión lingüística. A esta cifra hai que engadir outras 120 que xa están en marcha tamén para o mesmo grupo de idade, e outros 150 para alumnos de bacherelato que non poideran viaxar no 2013. Os alumnos da Escola de Idiomas tamén poderán optar a outras 47 prazas.

O alumnado do CEIP A Paz visita o Concello

xoves, 25 feb 2016

Arredor de 50 nenos e nenas de quinto e sexto curso de Educación Primaria do CEIP A Paz visitaron este xoves as dependencias municipais da Praza do Rei, nun percorrido no que lles chamou especialmente a atención a sala de pantallas de tráfico. Alí, o alcalde explicoulles o funcionamento e utilidade desta tecnoloxía que permite controlar a circulación e mellorar a mobilidade nas rúas viguesas.

Actividades das escolas municipais de música e artes escénicas

martes, 23 feb 2016

O mércores 24, ás 12,00h, no Auditorio municipal, perto de 200 alumnos/as dos CEIPs Carrasqueira, Ría de Vigo, Párroco Don Camilo, Coutada Beade e Igrexa Candeán asistirán a unha nova sesión dos concertos didácticos que o servizo municipal de Educación pon a disposición dos centros educativos da cidade dentro do Programa "Música coa escola". Concretamente, ao concerto didáctico "Música para a tolerancia", a cargo do profesorado da Escola municipal de música de Vigo (EMMV).

O alcalde visita o Colexio Divino Salvador

xoves, 18 feb 2016

Abel Caballero, acompañado da concelleira de educación, Olga Alonso, acudiu este xoves pola mañá ás instalacións do Colexio Divino Salvador de Vigo. Alí mantivo un encontro cos alumnos e alumnas de 5ª de Educación Primaria que lle realizaron diversas preguntas ao rexedor para coñecer como desenvolve a súa actividade institucional.