O goberno municipal aluga tres plantas do Mar de Vigo para emprazar unha biblioteca e a UNED<br />

venres, 11 dec 2015

A Xunta de Goberno Local adoptou este venres a decisión, que suporá o traslado das aulas da UNED de Vigo á terceira planta do Auditorio Pazo de Congresos, a apertura dun espazo de lectura na segunda e un novo proxecto educativo-cultural no primeiro andar. O alcalde xa adiantou que solicitará a impartición en Vigo de novas carreiras desta Universidade, que se sumen ás 13 titulacións xa concedidas.

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran na rúa as festas do Nadal

xoves, 10 dec 2015

Durante toda a semana do 14 ao 18 de decembro, as escolas municipais de música e artes escénicas dependentes da Concellería de Educación do Concello de Vigo (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música folk e tradicional -ETRAD-, Escola municipal de danza -EMD- e Escola municipal de teatro -EMT-), farán a súa aportación ao ambiente deste Nadal na rúa do Príncipe, ao carón do MARCO, mediante pequenas actuacións de formacións propias de cada escola.

O Concello cederá solo á Fundación Amancio Ortega para a construción dunha escola infantil

mércores, 9 dec 2015

O alcalde mantivo un encontro este mércores con Óscar Ortega, director xeral da Fundación Amancio Ortega, quen lle propuxo ao Concello a cesión dun terreo para a construción dunha escola infantil na cidade. A obra sería responsabilidade da Fundación e a xestión da Xunta de Galicia. O rexedor confirmou a cooperación municipal pero demandou presenza na xestión do centro educativo.

O goberno local inviste 80.000 euros na biblioteca do CEP Celso Emilio Ferreiro

mércores, 18 nov 2015

O alcalde de Vigo visitou este mércores este centro educativo de Coia, onde o goberno local investiu algo máis de 80.000 euros para construír a nova biblioteca na antiga casa do conserxe e mellorar así "unha deficiencia dun colexio tan importante como o Celso Emilio Ferreiro", nunha decisión que o Concello asumiu malia que estas obras, dixo Abel Caballero, "son competencia da Xunta de Galicia". <br />

O goberno local ofrecerá 600 bolsas para aprender inglés no estranxeiro en 2016

mércores, 11 nov 2015

O rexedor deu a coñecer este mércores a aprobación das bases da convocatoria das bolsas do Concello para estadías de aprendizaxe lingüística destinadas aos estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo para o ano 2016. Concederanse 47 bolsas por un importe de 80.000 euros, unha cifra que aumentará coa oferta de ata 600 axudas o vindeiro ano porque, segundo Abel Caballero "é moi importante aprender idiomas".

O alcalde celebra a instalación en Vigo da Escola Superior de Arte Dramática que cumpre 10 anos

venres, 16 out 2015

A Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) inaugurou hoxe o novo curso nun acto no que participaron a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e Abel Caballero, quen confiou en que o centro poida acometer a ampliación das súas instalacións para dar cabida a todas as actividades e, con iso, "facer algo máis poderoso". O rexedor celebra os dez anos da instalación da ESAD en Vigo polo enriquecemento cultural que supón para o territorio vigués e para o sur da comunidade. O rexedor agradeceu, no nome da cidade, a presenza no acto do historiador e investigador Ramón Villares e felicitou aos estudantes porque, dixo, o camiño que queda "é aínda mellor que o de anos pasados".

A UNED aproba os oito novos grados solicitados polo Concello para a sede de Vigo

mércores, 14 out 2015

Segundo informou este mércores Abel Caballero, a dirección da Universidade Nacional de Educación a Distancia aprobou onte a impartición en Vigo dos grados de Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. Sumaranse aos cinco que xa se ensinan na cidade.