Vigo inicia unha campaña de limpeza e reciclaxe en 43 colexios

martes, 10 mai 2016

O alcalde participou este martes na presentación desta iniciativa, no CEIP Balaídos, promovida por FCC e Contenur. De abril a xuño, máis de 3.500 escolares de Primaria tomarán parte nesta proposta, con Dinoseto como responsable de ensinar aos pequenos a importancia de reciclar e manter limpa a cidade.

Educación do Concello de Vigo e a Escola Municipal de Teatro presentan as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

martes, 3 mai 2016

Os días 4, 5, 9, 10 e 18 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as VII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán 335 actores e actrices noveis pertencentes a 11 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización III, Dramatización IV e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa alumnado, profesorado, familias e contorno.

O Concello cooperará coa organización do 25 aniversario da Facultade de Ciencias do Mar

venres, 1 abr 2016

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres a cooperación do Concello coa celebración que a Facultade de Ciencias do Mar está a organizar con motivo do seu 25 aniversario o próximo curso académico. Logo de manter un encontro coa decana, María Amelia Coello, e co catedrático emérito Federico Vilas, Caballero eloxiou o cuarto de século de presencia na cidade dunha facultade "cun historial de investigación e docencia excepcional".

A Escola Municipal de Teatro celebra o "Día Mundial do Teatro"

mércores, 30 mar 2016

O 27 de marzo celebrouse en todo o mundo o "Día Mundial do Teatro". Con tal motivo, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza un acto que terá lugar o xoves 31 de marzo, ás 19:00 horas, no auditorio do Concello de Vigo, e consistirá nunha mostra de diversas escenas representadas por alumnos/as da Escola.