Escoitar

O alcalde anima aos escolares vigueses a ler en tódolos idiomas

Nunha visita á actividade "Apadriñamento lector" coa que alumnado do IES de Teis realiza lecturas en castelán, galego e inglés a escolares do CEIP San Salvador, Abel Caballero interesouse polos libros que manexan os cativos e convidounos a que teñan sempre un libro preto e lean en diferentes linguas. Os equipos dinamizadores das bibliotecas dos dous centros organizaron este acto, no Parque da Riouxa en Teis, no que participaron arredor de 130 alumnos, 16 docentes e varias familias.

xoves, 15 xuñ 2017
1497531113lectura.JPG
Descargar todas as imaxes