xoves, 18 feb 2016
Entre onte e hoxe xoves, o Auditorio Municipal acolleu catro representacións de "Os Moussakis. Música dos Balcáns", organizados pola Obra Social "La Caixa" e o Concello de Vigo. Os concertos procuran introducir ao público infantil e xuvenil no mundo da música desde unha perspectiva didáctica e integradora.
martes, 9 feb 2016
Logo de que técnicos da Xunta verificaran onte que as escolas infantís de Mestres Goldar e Navia cumpren os requisitos para abrir as súas portas, Caballero urxiu á Xunta a enviar as correspondentes autorizacións. Tan pronto cheguen, avanzou, os centros comezarán a funcionar de xeito inmediato dado que xa están contratados os servizos de xestión precisos.
martes, 2 feb 2016
Continúa o desenvolvemento do programa municipal "Música coa escola", de divulgación das actividades das escolas municipais Escola municipal de música de Vigo (EMMV) e Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD).
venres, 29 xan 2016
Segundo explicou este xoves Abel Caballero, o Concello conta este 2016 con 617 prazas para estudos de idiomas no estranxeiro, 47 para alumnado da Escola de Idiomas de Vigo, 420 máis para nenos e nenas da ESO e outros 150 para estudantes de Bacharelato. O goberno local adica ao efecto case 1,4 millóns.
mércores, 27 xan 2016
En colaboración co Concello de Vigo, a Fundación Bancaria "la Caixa" oferta aos centros educativos da cidade catro sesións do concerto didáctico "Los Moussakis. Música de los Balcanes dentro de una maleta", dirixido a escolares de entre os 8 e os 16 anos. Os concertos celebraranse no Auditorio municipal os días 17 e 18 de febreiro, en dúas sesións diarias, ás 10,00h e ás 12,00h. O programa complétase cunha xornada de formación para os profesores de música dos colexios participantes, a cargo dun pedagogo musical.
mércores, 20 xan 2016
O alcalde reuniuse este mércores con directores e directoras de centros públicos de Ensino Infantil e Primario que lle manifestaron a urxencia de acometer reformas para arranxar danos, cubrir patios ou ampliar comedores e bibliotecas e comprometeuse a demandarlle á Xunta que atenda estas demandas.
venres, 15 xan 2016
Coa colaboración do Concello de Vigo, o vindeiro sábado 16 de xaneiro, ás 19,00h, no Auditorio municipal de Vigo e con entrada libre, recalará a xira de presentación do proxecto "Escola do Rock de Paredes de Coura". A xira completarase con outras actuacións en Ponte de Lima (17 de xaneiro), Monçao (6 de febreiro) e Porto (7 de febreiro), polo que a de Vigo será a única cita fóra de Portugal.
xoves, 14 xan 2016
A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, pon en marcha o programa "Música coa escola", co obxecto, un ano máis, de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música.A data tope para presentar solicitudes será o venres 22 de xaneiro de 2016.
martes, 5 xan 2016
O alcalde recibiu esta mañá a cinco estudantes premiados polo seu alto rendemento académico, dos que catro recibiron o Premio Extraordinario de Galicia da ESO e a última, o Premio Extraordinario de Bacharelato. Ademais de felicitalos, Caballero avanzou a vontade do Concello de estudar "fórmulas para axudar e estimular desde o Concello a estes estudantes avantaxados".
venres, 18 dec 2015
O alcalde deu conta esta mañá das obras de accesibilidade que o Concello acometeu este ano en 21 centros educativos da cidade. O goberno local tamén deu luz verde a unha subvención de 10.000 euros para a Coral Casablanca.