luns, 12 set 2016
Co inicio de curso este luns entra de novo en vigor o plan de tráfico nas entradas e saídas aos centros, con espazos reservados para deixar e recoller a escolares en horas establecidas. O alcalde anunciou tolerancia nos primeiros días para despois ir pola "vía coercitiva" se é preciso, para garantir a "seguridade" do alumnado e a "fluidez" da circulación.
martes, 6 set 2016
O alcalde destaca o cumprimento do compromiso adquirido polo seu goberno de "aumentar as escolas infantís e o número de prazas" con oito centros aos que o Concello destina 1.714.000 euros. Amais puxo en valor a elevada porcentaxe de familias que reciben subvención para este servizo e o máximo de 124 euros que pagan aquelas que non teñen dereito ao financiamento.
martes, 6 set 2016
A Avogacía do Estado estudou as concesións portuarias, tamén a do Mar de Vigo, e establece "precisións", explicou Caballero, sobre o uso do edificio como sede viguesa da UNED, informe que analizan os xurídicos municipais pero que "non ten ningunha relevancia" nin presenta "ningunha dificultade" para a apertura da Universidade no Mar de Vigo.
venres, 19 ago 2016
Tras manter un encontro con representantes de FOANPAS e da ANPA do CEIP Balaídos, Abel Caballero criticou que a Consellería de Educación "queira enviar a nenos e nenas a centros afastados" do seu lugar de residencia, considerando que debe aplicarse o criterio de proximidade, algo que xera preocupación nas familias e na comunidade educativa.
venres, 12 ago 2016
A Xunta de Goberno Local Extraordinaria deu luz verde á adxudicación da contratación dos servizos destas tres escolas financiadas polo Concello nas que estudaron o pasado curso máis de 1.300 alumnos en diferentes disciplinas. Abel Caballero anunciou o comezo "xa" das obras de acondicionamento dos espazos da UNED no Auditorio Mar de Vigo e a contratación do subministro de mobiliario para as aulas por un importe de 196.000 euros.
martes, 2 ago 2016
Abel Caballero informou este martes da adxudicación provisional dos traballos de reforma de tres prantas do Auditorio Pazo de Congresos para acoller a sede viguesa da UNED e a maior sala de lectura da cidade. Segundo explicou o alcalde, esta reforma foi conveniada polo Concello coa Deputación.
venres, 29 xul 2016
Vigo contará un campus universitario dentro da cidade na zona na que se atopan na actualidade a Escola de Enxeñaría Industrial, o Politécnico e a Escola de Empresariais. Así llo comunicou ás responsables deste último centro docente coas que mantivo esta mañá un encontro na Alcaldía.
venres, 8 xul 2016
A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio de colaboración coa Xunta para a posta a disposición dos terreos que permitan ampliar o Ceip Rodríguez Castelao, en Navia. O goberno local tamén aprobou a contratación de catro proxectos de humanización por valor de 1,6 millóns de euros.
xoves, 7 xul 2016
Como clausura do obradoiro da verán de Teatro Científico impartido pola Escola Municipal de Teatro de Vigo en colaboración co Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), os alumnos e alumnas representarán o venres 8 de xullo ás 20:00 unha obra de temática científica titulada "Os Biofilms Bacterianos", nas instalacións da Escola Municipal de Teatro na Avenida de Castelao, 87 (interior)
xoves, 16 xuñ 2016
O alumnado da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional celebrarán o venres, 17 de xuño, o acto de clausura do curso na praza do Rei ás 20.30 horas.<br />