xoves, 16 mar 2017
Case que mil nenos e nenas de varios colexios da cidade participan desta iniciativa municipal, que ten lugar durante o mes de marzo. Ofréceselles un itinerario didáctico guiado polos espazos máis destacados de Vigo relacionados coa Reconquista, explicou Caballero este xoves.
martes, 14 mar 2017
O alumnado de primaria de diferentes centros da cidade participa dende hoxe e ata o mes de maio no programa "Magas" co que o goberno municipal quere achegarlles a traxectoria de mulleres senlleiras do ámbito artístico, científico, laboral ou deportivo, entre elas estarán Maruja Mallo ou Rebeca Atienza. O alcalde saudou hoxe no Auditorio do Concello aos escolares que coñeceron, de xeito didáctico e divertido, a historia da oceanógrafa Ángeles Alvariño.
martes, 14 mar 2017
O alumnado do Colexio Montecastelo presentoulle ao rexedor o robot que deseñaron pensado para o ámbito da xestión de residuos e o coidado do medio ambiente, co que se proclamaron vencedores do torneo de robótica First Lego League celebrado en Burgos. A próxima cita será a gran final nacional do concurso que se terá lugar en Logroño esta fin de semana. <br />
venres, 10 mar 2017
Abel Caballero entregou este venres no Concello os diplomas e recoñecementos ás nenas e nenos de diferentes centros educativos da cidade que participaron no X Concurso de Pintura Vigolandia arredor da temática navideña. O rexedor salientou a calidade traballos que concorreron ao certame organizado polo IFEVI, algo que amosa a capacidade creativa dos escolares vigueses.
luns, 6 mar 2017
O alcalde achegouse esta mañá ás instalacións do colexio Miralba no que estudan 1.100 alumnas e alumnos. Durante a visita Caballero coñeceu de cerca distintas aulas de diferentes niveis educativos e durante o percorrido puxo en valor o apoio municipal ao ensino da cidade, destacando sobre todo as bolsas de comedor e as achegas para estudar inglés no estranxeiro.
luns, 6 mar 2017
O alcalde trasladou esta mañá a un grupo de representantes de alumnos da Universidade a vontade do Concello de ampliar a cooperación municipal cos estudantes. Aos case millón e medio de euros para financiar o transporte dos alumnos, podería sumarse un programa de bolsas de comedor e incluso de idiomas, para que os universitarios poidan beneficiarse do Vigo en inglés.
luns, 6 mar 2017
Trátase do alumnado que gozou o curso pasado dunha bolsa do programa municipal de inmersión lingüística en inglés. Abel Caballero explicou que en 2017 amplíanse a 750 o número de prazas ofertadas cun orzamento superior a 1.650.000 euros.
venres, 3 mar 2017
O goberno da cidade e o CSMVigo cooperan na organización dos concertos didácticos programados para este curso académico. Os días 7 e 9 de marzo, 600 alumnos e alumnas de doce colexios presenciarán "Heroes e Viláns Musicais", coa intervención da Banda de Música Sinfónica do Conservatorio e pezas de Tchaicovsky, Wagner e John Willians, entre outros.
xoves, 2 mar 2017
O alcalde felicitou a un grupo de usuarios de Down Vigo que realizan prácticas en comedores de seis centros educativos da cidade polo bo resultado do seu labor. Ademais explicou que a FEMP está promovendo a inclusión de cláusulas de contido social nos contratos con reserva de prazas para persoas con diversidade funcional.
xoves, 2 mar 2017
Segundo informou hoxe xoves Abel Caballero, o goberno de Vigo vén de abrir a convocatoria para que o alumnado de 3º de ESO solicite -no Rexistro Xeral do Concello- unha das 657 prazas das que dispón este ano o programa "Vigo en Inglés".