venres, 24 out 2014
O alcalde informou este venres da aprobación das bases da convocatoria das 43 bolsas Concello de Vigo para estancias lingüísticas no estranxeiro para o alumnado da sede viguesa da Escola Oficial de Idiomas. Esta iniciativa, impulsada cada ano polo goberno de Caballero desde 2009, conta con 80.000 euros de orzamento para estudos en Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa, Pekín e Tokio.
venres, 17 out 2014
Caballero indicou este venres que os 290 bolseiros do Concello -alumnos de 3º de ESO- partirán finalmente a Irlanda o 21 de novembro e a Inglaterra os días 25 e 26 do próximo mes, para completar a súa estadía dun mes en inmersión no estranxeiro. O rexedor explicou que estas datas, elixidas cos responsables dos principais centros educativos, son axeitadas desde o punto de vista académico.
martes, 14 out 2014
Abel Caballero indicou que esta achega permitirá que a Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Vigo poida organizar case 500 actividades extraescolares de diversa índole en 52 centros públicos da cidade, das que participarán case 9.000 alumnos.
venres, 26 set 2014
O alcalde de Vigo participou esta mañá no inicio do curso escolar no colexio San Miguel, un centro que en Vigo ten unha "importante traxectoria", atendendo todas as estapas educativas ata a Universidade, incluíndo a Formación Profesional. Durante o acto, Caballeo quixo recoñecerlle aos responsables do centro a súa "gran función educativa" así como a todos os mozos e mozas que se formaron neste colexio desde os anos 60.
martes, 16 set 2014
Abel Caballero avanzou esta mañá que espera unha resolución do Tribunal Administrativo Central que permita desbloquear as bolsas de inglés concedidas para este mesmo mes de setembro. En todo caso, e como plan B, o rexedor explicou que, se non pode ser agora, os alumnos beneficiados coas bolsas de inglés gozarán da súa estancia en Gran Bretaña en decembro ou xaneiro, aproveitando parte das vacacións escolares. Así o explicou durante a inauguración do curso de ensino secundario no IES República Oriental de Uruguai.
mércores, 10 set 2014
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Ceip Coutada-Beade con motivo do inicio do curso escolar en infantil e primaria. Logo de percorrer algunhas aulas, o rexedor lembrou que o Concello investiu preto dun millón de euros na posta a punto de 49 centros educativos na cidade.
xoves, 14 ago 2014
Nunha visita ás obras de mellora do CEIP Frian Teis, o alcalde explicou que o Concello adica en 2014 un total de 540.000 euros a reformas en 45 centros educativos da cidade. Subliñou Caballero os 300.000 euros destinados pola administración local á mellora da accesibilidade aos colexios.
venres, 8 ago 2014
Abel Caballero informou este venres da aprobación do procedemento aberto do servizo de xestión e transporte dos desprazamentos escolares deste programa educativo, destinado a que o alumnado coñeza os distintos puntos de interese da cidade.
mércores, 30 xul 2014
O alcalde de Vigo anunciou hoxe que a partir de 2015 o Auditorio Mar de Vigo contará cunha sala de estudo de 200 m2. Así llo transmitiu esta mañá aos representantes de alunmnos da Universidade que durante un encontro lle solicitaron máis espazos de lectura na cidade.
venres, 18 xul 2014
O alcalde deu conta este venres do acordo, adoptado pola Xunta de Goberno Local, polo que 203 alumnos de 3º de ESO da escola pública e 87 máis da rede concertada poderán cursar unha estancia no estranxeiro para aprender inglés, cunha bolsa municipal do programa "Vigo en Inglés 2014". O Concello de Vigo destina 700.000 euros ao efecto.