venres, 6 out 2017
O alcalde cualificou de "iniciativa fantástica" a Feira Internacional de Emprego Universitario que se vai desenvolver no Ifevi o 24 e 25 de outubro, mentres que en Porto será unha semana antes. Trátase da segunda edición dun evento que trata de achegar aos estudantes coas necesidades reais do mundo empresarial.
mércores, 4 out 2017
Abel Caballero avanzou que mañá xoves a Xunta de Goberno Local aprobará a clasificación de ofertas -a antiga adxudicación provisional- para a contratación dos servizos auxiliares da aula de estudio no Auditorio Mar de Vigo, con 450 prazas. O contrato saiu a licitación por 191.000 euros.
venres, 29 set 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou este venres que estes institutos, "emblemáticos" na cidade, presentan un enreixado en "estado calamitoso e catastrófico" e a Xunta "négase" a adecentalo, polo que será o Concello o que acometa esta mellora, que comezará nun prazo estimado de dúas semanas.
luns, 25 set 2017
O alcalde anunciouno este luns logo de reunirse coa AMPA do centro que lle transmitiu a "alarma" pola situación na que se atopa o alumnado por mor das obras que realiza a Xunta de Galicia e que impiden o normal desenvolvemento da docencia.
venres, 22 set 2017
O alcalde achegouse ao aeroporto este venres para desexarlles unha boa estadía no Reino Unido e en Irlanda, onde o alumnado pasará tres semanas aprendendo inglés grazas a este programa de inmersión lingüística. Son estudantes de ESO dos Colexios Barreiro, Losada e Apóstol Santiago e dos IES de Beade, do Castro, Santa Irene, Valadares, Carlos Casares e Rosais 2. Son parte dos 767 beneficiarios deste curso que, segundo Caballero, ascenderán a 850 o vindeiro ano, cun investimento de dous millóns de euros por parte do Concello.
xoves, 21 set 2017
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá de xoves ao aeroporto para despedir a outra quenda de 76 alumnos beneficiados coas bolsas de inmersión lingüística en inglés. Este mes de setembro serán 667 os estudantes da ESO que gocen dun programa que no ano 2018 elevará a 850 os beneficiados, 750 da ESO e outros 100 da Escola de Idiomas.
mércores, 20 set 2017
O alcalde despediu este mércores no aeroporto a dous grupos de estudantes dos 667 que realizarán este ano o curso de inmersión lingüística financiado polo programa municipal "Vigo en Inglés". O vindeiro ano concederanse 850 bolsas.
martes, 19 set 2017
Vinte e catro estudantes vigueses saíron este martes con destino a Irlanda e ao Reino Unido para realizar un curso de aprendizaxe de inglés cunha bolsa de estudos do programa municipal de inmersión lingüística. Este ano serán 617 os alumnos que gocen dunha iniciativa na que o goberno local inviste 1,5 millóns.
luns, 18 set 2017
O goberno local analizará a situación do colexio Alfonso Rodríguez Castelao coa ANPA dada a situación actual na que se están impartindo clases mentres se acometen "obras moi importantes e non sabemos se é a mellor decisión", apuntou o rexedor, dado o ruído e o po que producen os traballos do gran guindastre que se está utilizando. O obxectivo do Concello é estudar as circunstancias actuais do alumnado para garantir a súa saúde e a seguridade.
venres, 15 set 2017
O alcalde visitou este venres o "emblemático" IES Santa Irene polo comezo do curso educativo en Secundaria, un centro que presenta un "problema de espazo" do que Caballero esixiu solución á Xunta de Galicia. O Concello inviste medio millón en obras en colexios públicos e outros 600.000 euros na cubrición de patios.