Noticias Axenda

Educación

  • Educación

O Concello abre o luns o prazo de inscripcións para optar ás 750 prazas do "Vigo en Inglés"

venres, 9 mar 2018

Este venres publicáronse no BOP as bases e convocatoria do programa municipal de estudos no Reino Unido e Irlanda. Informou o alcalde que as solicitudes poden presentarse do 12 ao 23 de marzo, ambos incluidos. O Concello eleva este ano a 750 as vacantes para alumnado de 3º de ESO.

  • Educación

O goberno local aproba as bases para as 750 prazas do "Vigo en Inglés"

xoves, 1 mar 2018

O goberno de Vigo deu luz verde ás bases e convocatoria para adxudicar as 750 vacantes para alumnado de 3º de ESO do programa "Vigo en Inglés" deste ano. Ademais, na tarde deste xoves o alcalde fai entrega das 92 bolsas de estudos que concede o Concello a estudantes da Escola de Idiomas.

1519309124Vigolandia.jpg
  • Educación

Caballero destaca a creatividade dos participantes no certame infantil de pintura de Vigolandia

xoves, 22 feb 2018

O alcalde entregou este xoves no Concello os diplomas e recoñecementos ás nenas e nenos de diferentes centros educativos da cidade que participaron no XI Concurso de Pintura Vigolandia arredor da temática do Nadal. Durante o acto, o rexedor eloxiou a calidade traballos que concorreron ao certame organizado polo IFEVI.

  • Educación

O Concello aproba as normas de adxudicación das 620 prazas nas oito escolas infantís municipais

xoves, 22 feb 2018

Cunha subvención media do 82% do custo por praza e máis de 1,5 millóns de investimento municipal, o goberno de Vigo inicia o proceso para adxudicar as 620 vacantes para o próximo curso, un "apoio moi importante para as familias", subliñou Caballero. O prazo de renovación e solicitude de praza, aberto do 5 ao 27 de marzo.

1519308406sello.jpg
  • Educación

O goberno local adica máis de medio millón de euros a obras nos comedores de dezasete colexios

xoves, 22 feb 2018

O Concello investiu máis de medio millón de euros na construción, ampliación ou mellora dos comedores de dezasete centros educativos da cidade, avanzou esta mañá o rexedor. Unha vez máis, o goberno local suple unha competencia desatendida pola Xunta de Galicia en materia educativa.

1519137001cole.jpg
  • Educación

O alcalde visitou o curso de Educación Viaria que ofrece o Concello ao alumnado dos Maristas

martes, 20 feb 2018

Abel Caballero desprazouse este martes ata os Maristas – Colexio El Pilar, onde o Concello de Vigo, a través da Policía Local, ofrece formación en educación viaria aos escolares do nomeado centro. O rexedor tamén foi entrevistado polo alumnado para o periódico do colexio.

1518097670Alba.jpg
  • Educación

Caballero visitou os cursos de educación vial que imparte a Policía Local no colexio Alba

xoves, 8 feb 2018

O rexedor achegouse esta mañá ao colexio Alba no que a Policía Local estaba a impartir un curso para formar ao alumnado en seguridade viaria. A continuación, o alcalde coñeceu as instalacións do centro educativo.

1518011655AlcaldePintorLaxeiro_02.jpg
  • Educación

O rexedor eloxia o proxecto educativo Queres coñecer Vigo comigo? do Ceip Pintor Laxeiro

mércores, 7 feb 2018

O alcalde visitou está mañá o Ceip Pintor Laxeiro para coñecer de cerca o proxecto educativo Queres coñecer Vigo comigo? Ao longo do percorrido polas instalacións, nas que se forman preto de 500 alumnos, o rexedor eloxiou a calidade educativa do centro.

  • Educación

O goberno de Vigo concede 92 becas de estudos no estranxeiro a alumnado da Escola de Idiomas

mércores, 7 feb 2018

Abel Caballero relatou que os beneficiarios cursarán estudos en Londres, París, Berlín, Roma, Lisboa, Toquio e Pequín. O Concello outorga este ano 842 bolsas de inglés para estudantes de Secundaria e da Escola de Idiomas, para o que adica case dous millóns de euros.

1516972198canicouva.JPG
  • Educación

O alcalde avanza que cubrirá o patio do Canicouva no acto de celebración do 50 aniversario do centro

venres, 26 xan 2018

Abel Caballero compartiu coa comunidade educativa do Ceip Canicouva a xornada de celebración do 50 aniversario do centro nun acto no que participaron alumnos, ex alumnos e profesores e antigos docentes. O alcalde, durante a súa intervención, destacou a necesidade de investir no ensino público e avanzou que o Concello cubrirá o patio de recreo.

  • ‹
  • 1
  • 2
  • ...
  • 73
  • 74
  • 75
  • 76
  • 77
  • 78
  • 79
  • ...
  • 159
  • 160
  • ›

Categorías

Administración electrónica

Alcaldía

Anuncios e Bandos

Axenda urbana

Benestar Social

Comercio

Cultura

Declaración institucional

Deportes

Desenvolvemento Local e Emprego

Educación

Electromecánicos

Facenda

Festas

Fomento

Igualdade

Infraestruturas

Limpeza

Medioambiente

Nadal

Normalización Lingüística

Parques e Xardíns

Participación Cidadá

Patrimonio Histórico

Persoal

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Pleno da Corporación

Prensa

Sanidade e Consumo

Seguridade

Servizos

Tenencia de Alcaldía

Tráfico

Transportes

Turismo

Urbanismo

Vigo Vertical

Vivenda

Voluntariado

Xunta de Goberno Local

Xuventude

Zona Franca

© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo

Praza do Rei nº 1. 36202 Vigo
Tel: 986 810 228
Fax: 986 810 192