Escoitar

Abel Caballero: "Estamos creando xeracións enteiras de Vigo falando en inglés"

Abel Caballero amosouse "orgullosísimo" do programa municipal de inmersión lingüística en inglés co que este ano aprenderán o idioma 1.000 estudantes da ESO e da Escola Oficial de Idiomas.

luns, 25 mar 2019
1553522068250319Alcaldeprensa_01.JPG
O rexedor reúnese este luns no Auditorio Mar de Vigo, co alumnado da ESO beneficiario das bolsas de inglés do Concello e coas súas familias, para explicarlles o funcionamento do programa.

Serán 900 estudantes os que viaxarán nos meses de setembro e outubro a Inglaterra, Reino Unido e Irlanda a gozar da bolsa de estudos e aprender o idioma. Previamente, no verán, asistirán a un "curso intensivo" para actualizar o seu coñecemento de inglés a saber do seu destino.

Abel Caballero amosouse "orgullosísimo" do programa municipal co que ano aprenderán inglés 1000 persoas, xa que haberá 100 bolsas para a Escola Oficial de Idiomas e ao que o Concello dedica 2.221.000 euros, "o diñeiro mellor utilizado no mundo", apuntou, "darlle ás mozas e mozos coñecemento de inglés. Estamos creando e educando xeracións enteiras de Vigo falando en inglés. Estamos xerando unha cidade que vai falar en tres idiomas: galego, español e inglés".

O encontro desta tarde coas familias será en dobre sesión: ás 18:30 e ás 20:00 horas, dado que o ano pasado houbo un importante número de pais e nais que tiveron que quedar fóra ao verse superado o aforo do Auditorio.
Descargar todas as imaxes