Escoitar

Caballero alerta do problema que sufrirán as empresas pesqueiras pola suba de taxas no Porto

O alcalde mantivo este luns unha xuntanza cos representantes das empresas pesqueiras que operan no Porto de Vigo e alertou de que a suba de taxas pode significar un golpe para a cidade. "O Porto Pesqueiro é unha actividade vital e non se pode levar a cabo unha suba de esta envergadura porque atenta contra a competitividade da pesca", dixo Caballero.

luns, 25 mar 2019
1553522216250319AlcaldePesca_01.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, alertou este luns do problema que sufrirán as empresas pesqueiras da cidade se finalmente confírmase a suba de taxas que pretende levar a cabo o Porto de Vigo.

O rexedor mantivo unha xuntanza cos representantes das 53 empresas comercialziadoras que operan na Lonxa de Altura, Lonxa de Grandes Peces e Baixura, Lonxa de Marisco e zona de cetáreas de marisco vivo. Na reunión comunicáronlle a complicada situación na que se atopan as empresas tras ser informados dunha importante suba de taxas.

"Estas empresas significan miles de empregos e unha parte importante da facturación e o que me transmiten é unha inmensa preocupación pola suba de taxas portuarias en porcentaxes inimaxinables que poden provocar o peche", sinalou.

Caballero amosou os datos de liquidación a unha empresa na que o Porto propón un incremento do 60%, pero explicou que noutros casos a suba pode irse ao 145%. "É un golpe durísimo para a competitividade do sector pesqueiro de Vigo e o Porto ten que aclarar toda esta información, todos os datos", apuntou.

Segundo explicaron os empresarios ao alcalde, o incremento fundaméntase nun informe de Portos do Estado do ano 2017. "Xa falaron co presidente de Xunta e ata hoxe non respondeu, é imprescindible coñecer as razóns da subida, non teño coñecemento de que fose debatido no consello de administración", engadiu.

"A esencia da cidade"
"O Porto Pesqueiro é unha actividade vital, non se pode levar a cabo unha suba de esta envergadura porque atenta contra la competitividade, a pesca é a nosa esencia, a esencia da cidade, e queremos que o explique o presidente da Xunta", dixo o alcalde.

A suba, segundo os representantes, afecta a máis de 200 empresas do Porto Pesqueiro e a ducias de miles de traballadores. "Teñen que explicalo, o reclamo como membro do consello de administración e como alcalde de Vigo, non digo que é o que hai que facer, pero digo que alguén o ten que contar, porque non consta esta suba nos portos de Marín e de A Coruña", concluíu.

Á xuntanza co alcalde acudiron Juan Manuel López Sobral e Marisol Landríz Fernández, presidente e directora xerente de Acopevi; Ferrnando Fernández Ibáñez, presidente da Asociación de Vendedores e Consignatarios; Juan Manuel López Domínguez e Jorge Abal Nartallo, presidente e director de Operacións de Transfrío, e Javier Touza Touza, presidente de ARVI.
1553522216250319AlcaldePesca_01.JPG
1553522229250319AlcaldePuerto_01.JPG
Descargar todas as imaxes