mércores, 27 mar 2019
Na sesión celebrada este mércores, o edil de Facenda deu conta tamén da memoria do Tribunal Económico-Administrativo do exercicio 2018 que pechou con 282 asuntos resoltos.
mércores, 27 mar 2019
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou unha moción do PSOE na que se solicita á Consellería de Sanidade a deixar sen efecto o contrato para colocar letreiros nos hospitais Álvaro Cunqueiro e Meixoeiro. Ademais, tamén saíu adiante unha petición á Xunta para que limpe a conca do río Lagares.
mércores, 27 mar 2019
Tamén quedou aprobada por unanimidade a moción socialista que reclama á Consellería de Cultura e Turismo que emita informe de afectación ao patrimonio do proxecto de reestruturación de muro na Baixada á Igrexa de Teis.
mércores, 27 mar 2019
O Pleno aprobou a moción presentada por Marea demandando ao goberno central un Plan Estratéxico para a mellora do tren entre a cidade olívica e a lusa, que inclúa orzamento propio e a solicitude adicional de financiamento á Unión Europea.
mércores, 27 mar 2019
A Corporación municipal viguesa deu luz verde á moción promovida polo Partido Popular na que insta ao próximo goberno central "a cumprir coa Constitución e garantir ás familias e os pais a liberdade de centro educativo".
mércores, 27 mar 2019
Yolanda Pérez Duarte, delegada en Vigo da Asociación Española de Lipodistrofias leu este mércores no Pleno unha declaración institucional con motivo do Día Mundial destas enfermidades que se conmemora o 31 de marzo.