A ministra de Defensa garante ao alcalde a prestación do servizo do Isfas en Vigo
Abel Caballero informou hoxe martes desde Madrid dunha conversa mantida coa ministra de Defensa, Margarita Robles, quen asegura que a atención do Instituto Social das Forzas Armadas (Isfas) continuará prestándose en Vigo.
Abel Caballero declarou que concretará coa ministra de que forma e en que lugar se prestará o servizo do Isfas, logo de que a propia Robles adiantara nunha carta ao alcalde que non se adoptaría ningunha decisión ao respecto ata decembro, e incluso propuxera atender aos 4.000 afiliados no propio Concello de Vigo.
"Podo anunciar que o Isfas segue en Vigo", anunciou o rexedor, quen certificou a prestación do servizo na cidade a todos os usuarios: "E eu seguirei sendo alcalde para garantilo", engadiu. Abel Caballero agradeceu a "sensibilidade" da ministra neste tema, que resolve un problema derivado do anuncio de peche da sede viguesa do Isfas, o que obrigaría aos afiliados a desprazarse ata Pontevedra para realizar as súas xestións.