venres, 19 xan 2018
O alcalde visitou este venres un centro "cunha calidade asistencial e educativa extraordinaria", co que o Concello de Vigo coopera, por exemplo, coa cubrición da pasarela e melloras en caldeiras e baños. Tras felicitar ao profesorado, Caballero valorou unha educación pública "coa mesma ou máis calidade" que a concertada.
mércores, 17 xan 2018
Abel Caballero deu conta esta mañá da contratación do programa "Vigo en inglés" que permitirá gozar dunha bolsa de inmersión lingüística a 842 estudantes. O investimento desde 2018 elévase a case 2 millóns de euros o que permitirá que este ano viaxen 100 alumnos máis que o ano pasado.
martes, 16 xan 2018
Abel Caballero visitou este martes o Colexio San Xosé da Guía e realizou un percorrido polas aulas e instalacións do centro escolar. Alumnos de Infantil e dos ciclos formativos relataron ao rexedor as actividades nas que traballan, entre outros o programa interxeracional "A viaxe de Carlota" xestionada por Afaga. O colexio pertence á Congregación das Servas de San Xosé e con cun total de 480 alumnos e 35 traballadores repartidos en 19 aulas.
xoves, 11 xan 2018
Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a un grupo de estudantes do Colexio Mestres Goldar que, acompañados por profesores, visitaron este xoves as dependencias municipais da Praza do Rei dentro do programa "Coñece o teu Concello", co que o goberno local quere achegar a institución a toda a cidadanía. Así os máis pequenos tiveron a oportunidade de facerlle preguntas ao alcalde sobre a súa responsabilidade á fronte da cidade.
martes, 26 dec 2017
Abel Caballero manifestou estar "moi satisfeito co convenio e coa decisión" da Fundación de facer estes investimentos en Vigo, nunha parcela que cederá o Concello e que está situada en Bembrive.
martes, 28 nov 2017
Caballero reiterou este martes o seu rexeitamento á esixencia da Xunta de que Vigo cofinancie servizos sociais que presta a Xunta na nosa cidade. O goberno local aprobou un requirimento contra a resolución desta imposición para financiar dúas escolas infantís, tal e como xa fixera cos centros de día. No primeiro caso a achega é de 205.000 euros, no segundo, alcanza os 35.000 euros.
luns, 20 nov 2017
O alcalde presidiu esta sesión extraordinaria coa que se conmemora o Día Internacional da Infancia 2017 e na que un centenar de estudantes do CEIP Lope de Vega e do CPR Niño Jesús de Praga expuxeron as súas preocupacións polo respecto aos Dereitos do Neno e pola evolución medioambiental do planeta, facendo fincapé na importancia da reciclade na cidade, do consumo responsable de auga e na redución das emisións contaminantes. Abel Caballero explicoulles as medidas tomadas ao respecto polo goberno municipal e felicitounos polas súas contribucións neste Pleno Infantil.
mércores, 15 nov 2017
Abel Caballero avanzou este mércores a cifra recollida nos orzamentos elaborados polo goberno de Vigo. O alcalde recordou que a sede localizada no Mar de Vigo ofrece xa trece titulacións e anotou que xa se está tramitando a solicitude de doutras seis novas carreiras na cidade.
venres, 10 nov 2017
Caballero requeriu da Xunta de Galicia que "cumpra coas súas obrigas coa cidade" ao ser esta unha competencia autonómica, e recordou que lles propuxera un convenio para que o goberno de Feijóo adique ao efecto o mesmo que o Concello.
mércores, 8 nov 2017
Ao redor de 250 alumnos recibirán formación sobre alimentación e cociña saudable nuns obradoiros que o Concello organiza no mercado de O Progreso, en colaboración con Vegalsa. Ao longo desta semana os estudantes recibirán nocións sobre elaboración de receitas ou interpretación de etiquetado dos produtos de pesca.