O Concello inicia a cubrición do patio do CEIP Canicouva cun orzamento de 278.000 euros
Abel Caballero presenciou esta mañá o inicio das obras de cubrición do patio do CEIP Canicouva, cun importe de 278.000 euros. En posterior rolda de prensa, o rexedor lembrou que o Concello xa cubriu as zonas de recreo dos colexios Castelao, Carballal e Rocío e comenzará en próximos días coa do García Barbón.
O rexedor achegouse esta mañá ao CEIP Canicouva, que vén de cumprir 50 anos, onde esta mañá arrancaron os traballos de cubrición do patio de recreo, cun investimento de 278.000 euros e un prazo de execución de catro meses. Tal e como lembrou en rolda de prensa, o goberno local xa rematou as cubricións do colexios Castelao, Carballal e Rocío e xa ten a piques de empezar a do García Barbón.
En fase de tramitación están os proxectos dos centros Balaídos e Pintor Laxeiro e, paulatinamente, seguirán atendéndose outras peticións existentes. Rematou lembrando que a cubrición dos patios é competencia da Xunta que, unha vez máis, asume o Concello ante a falta de resposta da administración autonómica.
Descargar todas as imaxes