Abel Caballero: "Unha vez asumida, a cultura do automóbil eléctrico será como a do teléfono móbil"
No acto de presentación da Guía de Mobilidade Sustentable para Entidades Locais, o presidente da FEMP e alcalde de Vigo asegurou que, grazas á electricidade, estamos a asistir a "unha revolución na forma de entender o transporte e o planeta". A Guía, elaborada pola FEMP e REE, foi presentada este mércores en Bilbao, no marco do Congreso sobre Mobilidade Urbana Sustentable SUM Bio 19.